Os fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas virtuais en que se divide a Terra, orientadas de norte a sur, limitadas por meridianos igualmente espazados e nas que adoita rexer unha mesma hora oficial. e que seguen a mesma definición de tempo. Esta hora constrúese sumando ou restando un número enteiro de horas respecto a un estándar de tempo. Na Terra, hai 24 fusos cunha amplitude de 15 graos medidos no sentido da lonxitude (norte-sur), que é a franxa que a Terra rota nunha hora con respecto o Sol. A hora calcúlase a partir do Tempo Universal Coordinado (UTC). Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países, porque é conveniente que as áreas con comunicación frecuente entre si manteñan a mesma hora.

Unha zona horaria é unha rexión xeográfica que comparte unha mesma hora oficial. As zonas horarias construíronse a partir dos fusos horarios aínda que non seguen fielmente os seus trazos, pois cada país axusta a súa hora oficial libremente e, con frecuencia, non coinciden estritamente coa convención xeográfica.

Cada fuso horario defínese mediante un desprazamento estándar con respecto ao Tempo Universal Coordinado (UTC). Os desprazamentos van dende UTC−12:00 ata UTC+14:00 e adoitan ser un número enteiro de horas, pero algúns fusos teñen un desprazamento adicional de 30 ou 45 minutos, como na India e no Nepal. Algunhas zonas dun fuso horario poden usar un desprazamento diferente durante unha parte do ano, normalmente unha hora por diante durante a primavera e o verán, unha práctica coñecida como horario de verán. Aproximación astronómica O concepto de fuso horario xorde da forma da Terra, o seu movemento de rotación e do sistema de 24 horas diarias.

Como a Terra é esférica, o Sol non ilumina toda a superficie simultaneamente. En cada instante, o Sol ilumina soamente unha metade (un hemisferio) onde é de día, deixando a outra ás escuras (noite). No límite entre ambos, teremos unha faixa, orientada aproximadamente de norte a sur,Esta faixa estará orientada exactamente de norte a sur nos equinoccio na que está amencendo. E outra, oposta á anterior, na que está anoitecendo.

Tamén pola forma da Terra, o ángulo co que incide o Sol non é o mesmo en todos os puntos. No mesmo instante, e aproximadamente no centro do hemisferio diúrno, hai un meridiano no que a altura do sol é a máxima diaria. Nese meridiano é mediodía. Nos meridianos adxacentes esta altura é cada vez menor e a hora solar corresponde ás horas de tarde (ao leste) ou da mañá (ao oeste). No meridiano oposto é medianoite.Fernández Fernández, Antonio; Muguruza Cañas, Carmen; Azcárate Luxán, Mª Victoria; Santa-Cecilia Mateos, Fernando J. ; Cortés Contreras, Ignacio. Iniciación a la Geografía: La Tierra: un planeta habitado. Iniciación a la Geografía: La Tierra: un planeta habitado. Editorial Universitaria Ramon Areces, 16 xul. 2015. Tema 1. Páx 15. Vista previa en Googe Books

Esquemas Terra-Sol  Esquema estático: A Terra iluminada polo Sol desde a dereita. Anoitece en Asia (centro), é mediodía en África e Europa (dereita) e medianoite no Pacífico (esquerda).  Esquema dinámico: Hemisferio norte terrestre co polo no centro. Na meridiana fronte ao sol é mediodía (12:00) e no seu oposto é medianoite. O amencer (6:00) e anoitecer (18:00) están situados a 90° dos anteriores.  Xeodesia e xeometría miniatura|Globo terráqueo con meridianos múltiplos de 15°. Obsérvase como se estreitan cara ao polo. O sistema de fusos horarios consiste en dividir a superficie da Terra en 24 faixas, para que cada unha delas corresponda a unha hora do día. A cada unha destas partes, chamámoslle fusos.

Como un día é un xiro completo do planeta e un xiro completo ten 360°, ao dividir 360° entre 24, dá como resultado que cada fuso horario ten unha amplitude angular de 15°.Sánchez Ruiz, Mercedes y Solís Fraile, Rubén. Ámbito Científico y Matemático II. Programa de mejora del aprendizaje y del rendimiento (PMAR). Editex, 2019. Páx. 70. Vista previa en Google Books Como os meridianos non son paralelos, un fuso horario ten un ancho variable. É máximo no ecuador cun ancho de 1669.8 km e vaise estreitando cara aos polos. Ten un ancho de 1529.35 km nos trópicos, uns 1300 km aos 40º de latitude aproximadamente e 663.4 km nos círculos polares.Hortal Foronda, Alba. La esfera terrestre. Medidas y unidades. Páx. 32 A súa forma ancha no centro que se vai estreitando cara aos seus dous extremos lembra a un fuso de fiar, do que toma o seu nome. Considerando o volume correspondente ata o eixo da Terra pode asimilarse a un cuarteirón de laranxa ou mandarina. miniatura|Muller marroquí fiando cun fusoEste tamaño de 15° permite a moitos dos países quedar comprendidos completamente dentro dun fuso e usalo para a súa unificación horaria nacional. Meridiano de orixe e hora de referencia O sistema de fusos horarios e o sistema de lonxitude xeográfica necesitan un meridiano de orixe para poder ser aplicados na superficie terrestre xa que, polo movemento de rotación, todos os puntos da Terra son iguais no que se refire á lonxitude e as horas. Por razóns técnicas, políticas e históricas, o meridiano elixido foi o do Real Observatorio de Greenwich, en Londres.

O meridiano de Greenwich foi elixido como meridiano cero para medir a lonxitude en 1884. Os meridianos identifícanse por dous elementos: a súa medida en graos e a súa posición con respecto a Greenwich (leste ou oeste). Por exemplo, a lonxitude da cidade de Bogotá, é 74° O, é dicir ao oeste de Greenwich.

A hora solar media de Greenwich foi elixida como referencia do sistema de fusos horarios. Para abreviar, esta hora é coñecida internacionalmente como GMT polas siglas da expresión inglesa Greenwich Mean Time.Gea Sacasa, Rufino. ¿Qué hora es…? Donde usted quiera En Revista de la Unión de Radioaficionados Españoles (URE). (novembro do ano 1955) na sección El libro de guardia. Páx 36. A inicios do século XX dita hora establecíase polo movemento de rotación do planeta. Esta hora podía ser determinada con precisión nun observatorio e ser enviada desde alí, por medios de telecomunicacións.

Ao longo do século XX, GMT comeza a ser substituído por outros métodos de medida do tempo máis precisos. Así aparece o Tempo Universal (UT, polas súas siglas en inglés) Na década do ano 1960, comézase a medir o tempo con reloxos atómicos. E finalmente a Oficina Internacional da Hora comezou a establecer o Tempo Universal Coordinado (UTC) como referencia horaria internacional.Jiménez Tapia, Francisco Javier. Evaluación del desempeño del Evaluación del desempeño del UTC(CNM) en los últimos 5 años Encuentro Nacional de Metrología Eléctrica. 2009 Centro Nacional de Metrología. México. Páx 6-9 Para a maioría dos fins prácticos, o UTC é equivalente á hora solar media de Greenwich. A lonxitude e hora en cada fuso O sistema de fusos horarios é herdeiro dos proceso de unificación horaria nacional dos países polos cales as cidades renunciaban a usar a súa propia hora solar para adoptar a doutra, xeralmente a da capital ou unha cidade importante situada no centro do país.

No sistema de fusos, todas as localidades situadas dentro del deberían usar unha mesma hora, independentemente da posición do sol e da súa hora solar. Esa hora foi denominada por distintas fontes hora civil, hora oficial ou hora legal. O sistema implica que a hora adoptada en todo o fuso sexa a hora solar media do centro do meridiano. Así, en cada localidade dentro dun fuso, a diferenza entre a hora adoptada e a hora solar será, como máximo, de 30 minutos. Na metade oriental de cada fuso horario a hora adoptada está ata 30 minutos atrasada con respecto ao sol. Na metade occidental, ata 30 minutos adiantada. Esta é unha diferenza aceptable de acordo ás experiencias de unificación horaria nacional en diversos países.

Como o meridiano central de cada fuso está a 15° dos seus adxacentes e o meridiano de orixe é o meridiano cero, os meridianos centrais de todos os fusos son múltiplos de 15°. Así, na redacción das normas legais dalgúns países menciónase o meridiano múltiplo de 15 de referencia. Por exemplo, a disposición pola cal México adhire ao sistema horario mundial, en 1920, indica usar os meridianos 105° e 90° ao oeste de Greenwich.

A hora en cada fuso indícase como a diferenza coa do fuso de referencia internacional. (UTC, actualmente). Como cada fuso está a unha hora exactamente dos seus fusos adxacentes, esta diferenza será unha cantidade enteira de horas con respecto a UTC. Como a Terra rota do oeste ao leste, a hora ao leste será maior que en Greenwich e ao oeste, menor. Así, a hora en cada fuso situado ao leste indicarase como unha suma, e os do oeste como unha resta. Por exemplo, a hora en Bagdad é UTC+3 e en Bogotá é UTC-5.

Outras denominacións dos fusos En 1917 Francia propón estender os fusos horarios aos mares e océanos e isto daría lugar á publicación do primeiro planisferio de fusos horarios. En España o Anuario do Observatorio de Madrid para 1922 incluía un planisferio de fusos horarios terrestres e marítimos no que os fusos están numerados comezando co cero en Greenwinch e avanzando cara ao leste pasando polo fuso 12 centrado no antemeridiano de Greenwich no Pacífico e terminando no fuso 23. En antigas lexislacións nacionais sobre hora oficial, poden aparecer os fusos nomeados con estes números. Como en Chile, que a inicios de século XX adopta a hora do fuso n.º 19.

Outra denominación usada en ámbitos militares, náuticos ou aeronáuticos, nomea a cada fuso cunha letra. Comeza no fuso A que corresponde a UTC+1, avanza cara ao leste ata o fuso M, (UTC+12). Non usa a letra J. Ao oeste de Greenwich, usa a letra N para UTC -1 avanza cara ao oeste ata o fuso E. O fuso horario de Greenwich (UTC) denomínao Z, que, nomeando segundo o alfabeto radiofónico, é zulú. Polo que a hora UTC coñécese como hora Zulú.Dirección General de Protección Civil y Emergencias de España. Red Nacional de Radio Emergencia (REMER). Vademecum. 2019. Horarios y calendarios Martín-Crespo, Luis. GMT. Orígenes y su uso en aviación En Hispaviación (2012)

Historia miniatura|upright|Reloxo mundial, 2,5 m de altura. Fabricado en Dresden en 1690. Museo de Instrumentos Técnicos, Dresden. Antecedentes Antes do século XIX, cada cidade establecía a súa propia hora oficial axustada á hora solar da localidade. Isto implica que, por exemplo na Península Ibérica, a hora solar dunha cidade da costa mediterránea catalá ten máis de 40 minutos de diferenza con outra na costa atlántica.

A posición aparente do Sol no ceo, e por tanto a hora solar, varía segundo a localización debido á forma esférica da Terra. Esta variación corresponde a catro minutos de tempo por cada grao de lonxitude, polo que, por exemplo, cando é mediodía solar en Londres, faltan uns 10 minutos para o mediodía solar en Bristol, que se atopa a uns 2,5 graos ao oeste. A hora solar local asociouse coa medición civil do tempo desde a aparición dos reloxos solares; cara ao ano 1500 a. C., antes utilizábase un reloxo solar exipcio para medir as horas de traballo dos obreiros. No século II a. C., Hiparco desenvolveu un método para medir distancias lonxitudinais comparando as horas solares locais cando se observaba simultaneamente unha eclipse lunar en dous lugares. A obra de Hiparco perdeuse, pero coñecese grazas a citas na Geographika de Estrabón, do ano 7 d. C.