miniatura|250px|Xogando de Paul Manship. O xogo recreativo é unha serie de actividades de motivación intrínseca realizadas por pracer e gozo.Garvey, C. (1990). Play. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. O xogo asóciase comunmente coa infancia e as actividades de nivel xuvenil, mais o xogo prodúcese en calquera etapa da vida, e tamén entre outros animais de funcionamento superior, máis notablemente mamíferos e aves.

Moitos investigadores prominentes no campo da psicoloxía, incluídos Melanie Klein, Jean Piaget, William James, Sigmund Freud, Carl Jung e Lev Vygotski consideraron erroneamente que o xogo se limita á especie humana, crendo que o xogo era importante para o desenvolvemento humano e empregando diferentes métodos de investigación para probar as súas teorías.

O acto de xogar adoita interpretarse como algo frívolo. Porén, o xogador pode estar intensamente concentrado no seu obxectivo, especialmente cando a actividade está estruturada e orientada a un obxectivo, como nun xogo. En consecuencia, o xogo pode ir desde o relaxado, libre e espontáneo, pasando polo frívolo, ata o planificado ou mesmo o compulsivo. O xogo recreativo non é só unha actividade de pasatempo; ten o potencial de servir como ferramenta importante en numerosos aspectos da vida diaria para adolescentes, adultos e especies non humanas cognitivamente avanzadas (como os primates). O xogo non só fomenta e axuda ao desenvolvemento físico (como a coordinación man-ollo), senón que tamén axuda ao desenvolvemento cognitivo e ás habilidades sociais, e mesmo pode servir de lanzamento cara ao mundo da integración, que pode ser un proceso moi estresante. O xogo é algo en que participan a maioría dos nenos, mais o xeito en que se executa o xogo é diferente entre as culturas e a maneira en que os nenos participan no xogo varía universalmente.

Definicións O texto seminal no campo dos estudos sobre o xogo recreativo é o libro Homo Ludens publicado por primeira vez en 1944 con varias edicións posteriores, en que Johan Huizinga define o xogo da seguinte maneira:

Esta definición do xogo como unha esfera separada e independente da actividade humana coñécese como a noción do "círculo máxico" do xogo, unha expresión tamén atribuída a Huizinga. Existen moitas outras definicións. Jean Piaget afirmou que "as numerosas teorías sobre o xogo expostas no pasado son unha proba clara de que o fenómeno é difícil de comprender".

Hai múltiples aspectos do xogo en que as persoas se fixan á hora de definilo. Unha definición de Susanna Millar en The Psychology of Play define o xogo como:

Esta definición fai especial fincapé nas condicións e beneficios que se obteñen baixo certas accións ou actividades relacionadas co xogo. Outras definicións poden centrarse no xogo como unha actividade que ten que seguir certas características, incluíndo a vontade de participar, a incerteza do resultado e a produtividade da actividade para a sociedade.

Outra definición de xogo do século XXI procede da National Playing Fields Association (NPFA). A definición é Esta definición céntrase máis na liberdade de escolla da crianza e a motivación persoal relacionada cunha actividade.

Formas miniatura|Persoas divertíndose. O xogo pode adoptar a forma de improvisación ou de simulación, de interacción, de actuación, de mímica, de xogos, de deportes e de procura de emocións, como os deportes extremos ou perigosos (paracaidismo, carreiras de alta velocidade etc.). O filósofo Roger Caillois escribiu sobre o xogo no seu libro de 1958 Les jeux et les hommes.

O xogo libre dá á infancia a liberdade de decidir a que queren xogar e como o farán. Tanto a actividade como as regras están suxeitas a cambios nesta forma, e os nenos e as nenas poden facer calquera cambio nas regras ou obxectivos dos xogo en calquera momento. Algúns países engadiron no século XXI a énfase do xogo libre nos seus valores para a primeira infancia, como Taiwán e Hungría.

O xogo estruturado ten metas e regras claramente definidas e este tipo de xogo denomínase "xogo estructurado". Outros xogos son non estruturados ou abertos. Ambos os tipos de xogo promoven condutas adaptativas e estados mentais de felicidade.

Os deportes con regras definidas teñen lugar dentro de espazos de xogo designados, como os campos deportivos en que, por exemplo en fútbol patean unha pelota nunha determinada dirección. Aínda que son apropiados dentro do espazo de xogo do deporte, estes mesmos comportamentos poderían ser inapropiados ou mesmo ilegais fóra do campo de xogo.

Outros espazos de xogo deseñados poden ser parques infantís con equipos e estruturas dedicados a promover o xogo activo e social. Algúns espazos de xogo van incluso máis aló na especialización para levar o xogo ao interior, como os museos infantís, os museos de ciencia, ou os centros de entretemento familiar. Estes poden ser negocios con fins lucrativos dedicados integramente ao xogo e ao entretemento.

O Instituto Nacional para o Xogo dos Estados Unidos, con sede en California, describe sete patróns de xogo: Xogo de sintonía, que establece unha conexión, como entre o neonato e a nai. Xogo do cuerpo, en que o bebé explora as formas en que o seu corpo funciona e interactúa co mundo, como por exemplo facendo sons divertidos ou descubrindo o que sucede nunha caída. Xogo con obxectos, como xogar con xoguetes, golpear potas e tixolas, manipular cousas físicas de xeito que se utilice a curiosidade. Xogo social, xogo que implica outros en actividades como dar reviravoltas, facer xestos e establecer conexións co outro neno ou grupo de nenos. Xogo imaxinativo ou de simulación, en que o neno inventa escenarios a partir da súa imaxinación e actúa dentro deles como unha forma de xogo, como o xogo do príncipe ou da princesa ou dos piratas. Xogo de contos, o xogo de aprendizaxe e linguaxe que desenvolve o intelecto, como o dun pai que le en voz alta aos seus fillos, ou o dun neno que volve contar o conto coas súas propias palabras. Xogo creativo, polo que se xoga coa imaxinación para transcender o coñecido no estado actual, para crear un estado superior. Por exemplo, unha persoa pode experimentar para atopar unha nova forma de empregar un instrumento musical, levando así esa forma de música a un plano superior; ou, como se sabe que facía Einstein, unha persoa pode preguntarse sobre cousas que aínda non se coñecen e xogar con ideas non probadas como ponte para o descubrimento de novos coñecementos.

Á parte do xogo autoiniciado, a terapia de xogo emprégase como unha aplicación clínica do xogo destinada a tratar os nenos que sofren traumas ou problemas emocionais e doutros tipos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas American Journal of Play Encyclopedia: Play Science Scholarpedia The National Institute for Play

Categoría:Entretemento Categoría:Psicoloxía Categoría:Antropoloxía