Pablo Crespo Penas, nado en Pontevedra en 2002, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Participou nos Xogos Olímpicos de 2024, na proba de C-1 1000 metros.
É fillo dos tamén piragüistas José Manuel Crespo e Ana María Penas, con múltiples participacións olímpicas.
Traxectoria
No Campionato do Mundo Sub-23 de 2023 en Plovdiv gañou unha medalla de ouro na proba de C-2 1000 metros xunto ao tamén galego Manuel Fontán e unha prata no C-1 1000 m.
Participou nos Xogos Olímpicos de 2024 no C-1 1000 m, seguindo os pasos de seus pais, que participaron varias veces nos Xogos. Fíxoo na modalidade do C-1 1000 metros, conseguindo o pase a semifinais, pero non á final principal. Disputou a final B, na que rematou cuarto, o que se traduciu no 12º posto final.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de España Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024