María Faia Díaz Novo, nada en Santiago de Compostela en 1988, é unha cantante galega e historiadora da arte.
Traxectoria
Faia é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudos de etnomusicoloxía, cine e crítica artística e ten un Mestrado en Xestión do Patrimonio Arquitectónico, Museos e consumo de Arte pola USC.
Foi unha das fundadoras e integrantes do grupo De Vacas e do Coro Encaixe. O seu primeiro disco en solitario titúlase Ao cabo leirín e onde recolle música e letras de cancións tradicionais transmitidas por mulleres.
En 2025 publicou o disco Alvela explorando as zonas escuras da maternidade.
Colabora con artistas como Guadi Galego e forma parte de Amorodios, un proxecto musical que mestura jazz e música tradicional galega.
Notas
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1988 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes