Os ortonéctidos (Orthonectida, do grego ὀρθός orthós, "recto", "dereito", e νηκτός nēktós, "nadador", derivado de νήχειν nḗchein, "nadar") son un pequeno filo de animais parasitos de invertebrados mariños (moluscos, equinodermos etc), onde se encontran algúns dos animais multicelulares máis simples. O filo consta dunhas 20 especies das que Rhopalura ophiocomae é a máis coñecida.Ben Hanelt, David Van Schyndel, Coen M. Adema, Louise A. Lewis & Eric S. Loker (novembro de 1996). "The phylogenetic position of Rhopalura ophiocomae (Orthonectida) based on 18S ribosomal DNA sequence analysis". Molecular Biology and Evolution 13 (9): 1187–1191.
Estrutura Móvense por cilios cando están fóra do anfitrión. Contan cunha capa celular sobre a que se acha unha masa de células sexuais. Pódense diferenciar os machos e as femias: cando a femia é inseminada, dos ovos sae rapidamente unha larva que busca de seguido hospedador.
As fases asexuadas son totalmente diferentes ás dos rombozoos (Rhombozoa) formando un plasmodio ameboideo e multinucleado, reproducíndose por plasmotomía. O plasmodio dá lugar a machos e femias que teñen parecido cos nematóxenos dos diciémidos ou rombozoos.
O somatodermo externo rodea a masa de células interiores formada por moitas células xerminais que producen óvulos e espermatozoides.
Cando o animal está sexualmente maduro abandona o hospedador e ten lugar a fecundación como organismos que nadan libres. Os zigotos desenvólvense dentro da femia e xeran unha larva como a infusoriforme dos rombozoos. Abandonan á nai e, logo dun período de vida libre, fanse infecciosas para novos hospedadores.
Clasificación dos ortonéctidos
Familia Rhopaluridae Xénero: Ciliocincta (3 especies) Xénero: Intoshia (5 especies) Xénero: Rhopalura (12 especies) Xénero: Stoecharthrum (4 especies) Familia Pelmatosphaeridae Xénero: Pelmatosphaera (1 especie: P. polycirri)
Listaxe dos ortonéctidos máis coñecidos (por orde alfabética do nome científico) Ciliocincta julini (Caullery e Mesnil, 1899) Ciliocincta sabellariae Kozloff, 1965 Intoshia leptoplanae (Giard, 1877) Intoshia linei (Giard, 1877) = Rhopalura linei Intoshia major (Shtein, 1953) = Rhopalura major Intoshia paraphanostomae (Westblad, 1942) Rhopalura elongata (Shtein, 1953) Rhopalura gigas (Giard, 1877) Rhopalura granosa (Atkins, 1933) Rhopalura intoshi (Metchnikoff) Rhopalura litoralis (Shtein, 1954) Rhopalura metschnikowi (Caullery e Mesnil, 1901) Rhopalura murmanica (Shtein, 1953) Rhopalura ophiocomae (Giard, 1877) Rhopalura pelseeneri (Caullery e Mesnil, 1901) Rhopalura philinae (Lang, 1951) Rhopalura pterocirri (de Saint-Joseph, 1896) Rhopalura variabili (Alexandrov e Sljusarev, 1992) Stoecharthrum giardi (Caullery e Mesnil, 1899) Stoecharthrum monnati (Kozloff, 1993) Pelmatosphaera polycirri (Caullery e Mesnil, 1904)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
Outros artigos Rombozoos
Ligazóns externas Orthonectida en Tree of Life Orthonectida en Animal Diversity Web Orthonectida en NCBI
Categoría:Invertebrados Categoría:Mesozoa