O castro de Monte Mozinho, tamén coñecido como Cidade Morta de Penafiel, é un asentamento fortificado do século I a.C. situado no municipio de Penafiel, na subrexión do Támega do distrito portugués do Porto.

Trátase dun dos maiores asentamentos da cultura castrexa e posteriormente da romana no noroeste de Portugal.

Localización O asentamento está situado no cumio do monte Mozinho, de case 400 metros de altitude, que lle dá o nome, nunha zona cuberta de piñeiral con vistas á Ribeira da Camba. Érguese na parte sur do municipio de Penafiel, distrito do Porto, a uns sete quilómetros ao norte da confluencia dos ríos Douro e Támega, entre as freguesías de Oldrões e Galegos."Castro de Monte Mozinho, mais conhecido pela Cidade Morta de Penafiel". Direção-Geral do Património Cultural (servicos.dgpc.gov.pt)."Castro de Monte Mozinho/ Cidade Morta de Penafiel". Património Cultural (Arqueologia.patrimoniocultural.pt).

Como a maior parte dos asentamentos da cultura castrexa, o castro de Monte Mozinho está situado na cimeira dun outeiro, mais de xeito diferente a moitos outros, como o de Sanfins ou a Citania de Briteiros, as abas son moito máis planas e apenas soportan as defensas existentes. Historia O castro de Monte Mozinho fundouse no século I a.C.,"Castro de Monte Mozinho / Cidade Morta de Penafiel". Sistema de Informação para o Património Arquitectónico (Monumentos.gov.pt). ao sur da zona de asentamento dos celtiberos galaicos (chamados en latín gallaeci ou callaeci e en grego Καλλαϊκοί),Barceló, P. (1997). "Callaici". En Der Neue Pauly. Tomo 2. Metzler, Stuttgart. Páxina 939. ISBN 3-476-01472-X cuxa área de asentamento se estendía desde o Douro, ao sur, polo norte de Portugal e Galicia, e o oeste de Asturias e de León. A zona de asentamento dos galaicos coincide en gran medida coa expansión da cultura castrexa; secasí, a rexión da Gallaecia só se fixo historicamente recoñecible a principios do século a través da súa mención nas obras dos escritores EstrabónEstrabón. III 152 e seguintes. e Apiano.Apiano. Hisp. 70 e seguintes. Malia a derrota dos galaicos en 136 a.C., só despois das Guerras Cántabras (29 a.C. a 19 a.C.), baixo Augusto, Roma logrou imporse e avanzar na romanización da poboación local coa fundación das cidades de Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo).González García, F. J.; Brañas, R. (1995). Galicia romana. Historia de Galicia. Tomo II. Vía Láctea Editorial, Perillo-Oleiros. ISBN 84-89444-13-7 miniatura|Ruínas dun templo romano do século I no castro.

Non se acharon neste castro máis que uns poucos artefactos da época prerromana. A reorganización urbanística do asentamento en época flavo-antoniana, coa construción da acrópole oval e os primeiros templos, é máis claramente perceptible. O asentamento reduciuse logo, xa no século II, e só volveu aumentar nas derradeiras décadas do século III."Castro de Monte Mozinho (Penafiel-Portugal)". En Antigua. Historia y Arqueología de las civilizaciones As necrópoles descubertas no norte do asentamento amosan que foi habitado continuamente desde o século I ao IV, malia a cambiante densidade de poboación da cidade. A súa denominación por parte dos romanos non se conservou.

Cunha superficie dunhas 20 hectáreas, o Castro do Mozinho é comparable aos coñecidos asentamentos de Briteiros e Sanfins e, igual que outros grandes castros deste período, está rodeado por unha serie de asentamentos da mesma época máis pequenos. Así e todo, a partir dos achados puramente arqueolóxicos, non se pode determinar con certeza se o de Castro Mozinho tiña unha función central.Coelho, A. (1999). Páxina 123.

Investigación As primeiras escavacións arqueolóxicas foron realizadas en 1930 baixo a dirección de Abílio Miranda e continuadas en 1943 por Elísio Ferreira de Sousa, e en 1947 por Fernando Russel Cortez. En 1948, a zona de asentamento foi rexistrada e protexida como Imóvel de Interesse Público (IIP)."Decreto 37077, DG 228, de 29 de setembro de 1948 ". Diários da República (dre.tretas.org). Entre 1974 e 1979, Carlos A. Ferreira de Almeida levou a cabo novas campañas.

En 1982, Teresa Soeiro iniciou novas escavacións que duraron unha década, e ata 2006 leváronse a cabo novas investigacións con regularidade.Soeiro, T.; Lourido, F. C. (2014). O 8 de novembro de 2004 foi inaugurado un Centro de Interpretación do castro, construído polo Municipio de Penafiel coa axuda de fondos europeos.

Arquitectura Murallas miniatura|Vista xeral do castro desde a muralla interior. O castro está protexido por tres aneis de murallas, de ata 3,50 metros de grosor na zona das portas. O anel de muralla máis interior, ovalado e situado á altura da cimeira do outeiro, que protexía unha área dunhas 5,5 hectáreas e que permanecía libre de calquera edificación e probablemente cumprise funcións sociais ou relixiosas, é único na cultura castrexa. A construción desta muralla máis interna asóciase á remodelación do asentamento en época flavia. As murallas construíronse utilizando o método de construción en seco, cuxos tramos individuais se enchían con pedras e se remataban con lousas de granito no exterior.

Rúas As rúas do asentamento, que están pavimentadas con granito, dan acceso e subdividen as súas partes. Unha ampla calzada, tamén pavimentada, conduce desde a entrada da acrópole ata a porta nordeste, e é probable que fose o eixe de tráfico máis salientable do asentamento.

Edificios miniatura|Disposición das vivendas en quinteiros. Os edificios de pedra con plantas circular e rectangulares caracterizan a imaxe do castro, como noutros do mesmo período. Os muros e as rúas agrupaban grupos destes edificios en pequenos quinteiros. As escavacións permiten separar cronoloxicamente os edificios deste asentamento en dous períodos: o primeiro, preflaviano, no que predominaron os edificios redondos con soportal en forma de pinza, e outro posterior caracterizado por edificios rectangulares, complementados por uns poucos edificios redondos, mais xa sen o característico soportal.Almeida, C. A. F. (1980).

En pleno asentamento, ao leste da intersección da porta da acrópole e a calzada central, Carlos Alberto Ferreira de Almeida puido establecer a existencia dun templo romano, probablemente dedicado a Xúpiter. Ademais dos numerosos achados romanos, a crecente romanización da poboación local que vivía alí pódese apreciar por primeira vez nos achados construtivos do asentamento.

Fóra do segundo anel de murallas, ao norte da estrada, descubríronse os restos dun monumento romano que flanqueaba a entrada principal do asentamento.

Ao norte da zona de vivendas descubríronse novos muros, varios cemiterios de incineración dos séculos I a III e soterramentos de inhumación do século IV.Pinho, J. (1931).Pires de Carvalho, T. (2008).

Achados Entre os obxectos desenterrados hai fragmentos de cerámica prerromanas e da ocupación romana, entre eles olas, vidro, tellas, pedras de muíño, moedas, elementos metálicos (de adorno, defensivos e agrícolas), xoias de prata e de bronce, fíbulas transmontanas,Ponte, S. (1984). estatuas de granito e altares. Entre todos estes obxectos destacan unha serie completa de moedas romanas desde Caio Xulio César ata Constantino, así como broches, fragmentos de altares, algúns dedicados a Xúpiter, e restos de estatuas de guerreiros.

Todos eles están repartidos entre o Museo Municipal de Penafiel,"Castro de Monte Mozinho". Museudepenafiel.com o Museo de Etnografía e Historia do Porto e o Museo de Antropoloxía da Universidade do Porto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Almeida, C. A. F. (1974). Escavações no Monte Mozinho (1974). Penafiel. Almeida, C. A. F. (1977). Escavações no Monte Mozinho (II ed.). Penafiel. Almeida, C. A. F. (1980). "O templo do Mozinho e seu conjunto". En Portugalia. Porto. Páxinas 51-56. Andrade, V. (1920). "Monte Mosinho". En Boletim da Associação dos Arqueólogos Portugueses. Serie 5. Lisboa. Páxinas 275-277. Coelho, A. (1999). "A Cultura Castreja no Norte de Portugal". En Revista de Guimarães. Vol. especial I. Guimarães. Páxinas 111-132. Machado, F. S. L. (1920). Uma cidade morta no Monte Mozinho ou o castro de Santo Estevão de Oldrões. Coímbra. Pinho, J. (1931). A necrópole calaico-romana do Mósinho, Pena-Fidelis, Penafiel. Pires de Carvalho, T. (2008). "As necrópoles de Monte Mozinho: resultados preliminares". En Revista Oppidum.Número especial. Lousada. Páxinas 83-113. Ponte, S. (1984). "Fíbulas de sítios a Norte do rio Douro". Lucerna, Porto. Páxinas 131, 133-136. Soeiro, T. (1984). "Monte Mózinho. Apontamentos sobre a ocupação entre Sousa e Tâmega em época romana". En Penafiel - Boletim Municipal de Cultura. Serie 3. Penafiel. Páxinas 123-299. Soeiro, T.; Lourido, F. C. (2014). "Escavações de Monte Mozinho (1974–1998): projecto territorial e lugar de encontro de Callaecia". En Revista da Faculdade de Letras Ciências e Técnicas do Património. XIII. Porto. Páxinas 143-158. Sousa, E. F. (1954). Relatório das escavações levadas a efeito no Monte Mósinho, Douro Litoral. Serie 6. Porto. Páxinas 136-149. Sousa, E. F. (1965). As moedas encontradas na citânia do Mosinho (cidade morta) e as suas possíveis conclusões. Lucerna, Porto. Páxinas 249-269.

Outros artigos Castros de Portugal Castros do norte de Portugal Cultura castrexa

Monte Moziño, Castro de Categoría:Penafiel