Tavira é unha cidade e municipio do leste da rexión do Algarve na costa sur de Portugal. Está no distrito de Faro, situada a 30 km da cidade de Faro e a uns 20 km de Isla Cristina, Andalucía. A cidade atópase na desembocadura do río Gilão. Ten unha superficie de 610 km² e en 2011 tiña unha poboación de aproximadamente 26.167 persoas. miniatura|Tavira co mosteiro ao fondo|esquerda Economía Tavira foi unha importante cidade portuaria na Idade Media. Hoxe en día, a economía baséase na pesca de baixura e no turismo.

Monumentos miniatura|Igrexa de Santiago en Tavira |esquerda|220x220pxNo centro da cidade encóntrase o Castelo de Tavira, rodeado de igrexas e un convento:

Igrexa de Santa María do Castelo Igrexa de Santiago Convento da Graça, hoxe un hotel (pousada) Ponte Romana.Posibelmente de orixe romana, aínda que algunhas pontes chamadas "romana" son medievais.

Historia Habitada desde a Idade de Bronce, Tavira foi fundada polos fenicios no século VIII a. C., abandonada e reconstruída en diferentes épocas.

Durante o Imperio Romano, foi eclipsada por Balsa, a maior cidade portuaria romana da Lusitania. A cidade foi conquistada en 1242 polos cristiánsTavira foi conquistada polos portugueses cristiáns baixo o liderado de Paio Peres Correia, grande mestre da Orde de Santiago cando formaba parte da taifa do Algarve, que fora integrada anteriormente na taifa de Sevilla baixo dominio dos almohades. En 1249 foi conquistada a totalidade do Algarve por parte do rei Afonso III de Portugal, integrando a rexión ao reino de Portugal. e devastada polo Terremoto de Lisboa en 1755.

Freguesías O concello de Tavira comprende as seguintes freguesías:

Cabanas de Tavira Cachopo Conceição Luz Santa Catarina da Fonte do Bispo Santa Luzia Santa Maria Santiago Santo Estêvão

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Escudos coa cruz de Santiago Escudos coa vieira

Categoría:Concellos do distrito de Faro Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Algarve