O castro de San Vicente ou San Vicenzo é un castro que se atopa na parroquia de Avión, no concello ourensán de Avión.

Descrición O castro atópase nun outeiro na marxe dereita do río Avia. Conta cun sistema defensivo de tres liñas construídas en pedra e unha cuarta que é un parapeto de terra.

Arqueoloxía O castro sufriu a acción de espoliadores nunha data indeterminada.

Os traballos arqueolóxicos comezaron no ano 2023, cunha limpeza da vexetación en toda a súa superficie en xaneiro dese ano. En setembro de 2024, durante a intervención arqueolóxica no castro, descubríronse dúas pezas de arte castrexa. A primeira foi unha enorme pedra cadrada cun tríscele gravado. O tríscele salienta polo seu bo estado de conservación e as súas dimensións e crese que podería formar parte da porta dunha das cabanas. A segunda é unha pedra de dimensións semellantes á primeira que ten un motivo decorativo galaico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense

San Vicenzo