Tall Dwarfs é unha banda de rock de Nova Zelandia formada no ano 1981 por Chris Knox e Alec Bathgate, que foi unha das pioneiras do xénero lo-fi da música rock. Os dous levaban tocando xuntos dende 1977, primeiro en The Enemy e despois en Toy Love.

A banda non ten batería, pero usa obxectos domésticos e palmadas para actuar como percusión. Os dous membros poden tocar a guitarra, aparecendo habitualmente guitarra de 12 cordas e baixo nas súas gravacións. Tamén poden tocar o órgano, instrumento que usaron nalgunhas das súas cancións. Tamén usan con frecuencia o Casiotone, especialmente ao vivo.

A súa estrea foi o EP Three Songs (1981), e durante moitos anos só publicaron EPs. Weeville (1990) foi o seu primeiro álbum. Porén, publicaron unha serie de compilacións completas dos seus EP, como Hello Cruel World e The Short and Sick of It.

No libreto do seu álbum 3 EPs (1994) pediron aos oíntes pistas rítmicas. As respostas viñeron de moitos países diferentes e utilizáronse para o seguinte álbum, Stumpy (1997). Este álbum foi acreditado a "International Tall Dwarfs."

Entre os artistas que afirmaron estar influenciadas polos Tall Dwarfs inclúense Guided by Voices, Jay Reatard, Superchunk, Elf Power, Neutral Milk Hotel e Olivia Tremor Control. En 2005, fixeron un pequeno número de concertos nos Estados Unidos, tocando con Olivia Tremor Control.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Weeville 1990 Flying Nun Records Fork Songs 1991 Flying Nun Records 3 EPs 1994 Flying Nun Records Stumpy 1996 Flying Nun Records Fifty Flavours of Glue 1998 Flying Nun Records The Sky Above the Mud Below 2002 Flying Nun Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp do grupo

Categoría:Grupos musicais de Nova Zelandia Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 1981