O buleuterio de Delfos (en grego, Βουλευτήριον; en latín, Būleutērion) foi un buleuterio ou lugar de reunión do consello de Delfos na Grecia central da Antigüidade. As ruínas atópanse no sitio arqueolóxico de Delfos, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Descrición Foi construído na época arcaica, arredor de -600 / -500. Era a sede da bulé local ou consello de Delfos. Estaba no santuario do Templo de Apolo ao longo da Vía Sagrada, xunto ao Tesouro dos atenienses. O edificio era unha sala de reunións rectangular relativamente pequena con portas en tres lados. No seu interior debía haber unha columnata e asentos de madeira nos laterais. No edificio atopáronse inscricións que axudaron a identificar a súa finalidade. Só se conservan os cimentos e outras partes menores do edificio.

Notas

Categoría:Século -VII Categoría:Arquitectura da Grecia antiga