Os traballos do matemático do século XVII Pierre de Fermat xeraron moitos teoremas. O teorema de Fermat pode referirse a un dos seguintes teoremas:
Último teorema de Fermat, sobre as solucións enteiras de an + bn = cn O pequeno teorema de Fermat, unha propiedade dos números primos. Teorema de Fermat sobre as sumas de dous cadrados, sobre números primos expresábeis como suma de cadrados. Teorema de Fermat sobre os puntos estacionarios, sobre os máximos e mínimos locais de funcións diferenciábeis. Principio de Fermat, sobre o camiño que fai un raio de luz. Teorema dos números poligonais de Fermat, sobre a expresión de números enteiros como unha suma de números poligonais. Teorema do triángulo rectángulo de Fermat, sobre os cadrados que non poden expresarse como a diferenza de dúas cuartas potencias.
Outros artigos Pierre de Fermat. Ligazóns externas Pierre de Fermat (Planet Math).
Categoría:Teoremas