Tomasa Cuevas Gutiérrez, nada en Brihuega (Guadalaxara) no ano 1917 e finada en Barcelona o 25 de abril de 2007, foi unha militante comunista e antifranquista española.
Traxectoria Comezou traballar aos nove anos e con catorce ingresou na Unión de Mocidades Comunistas de España. Ao estalar a Guerra Civil, incorporouse a multitude de tarefas en defensa da Segunda República desde as filas desa organización e despois no seo do Partido Comunista de España (PCE).
Foi detida e encarcerada en maio de 1939 e condenada a trinta anos de prisión, dos que cumpriu cinco anos en varias cárceres de mulleres: Guadalaxara, Durango, Santander, Amorebieta e Segovia.
Ao saír en liberdade, foi desterrada a Barcelona. Alí incorporouse ao referente catalán do PCE, o Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC), ata que en 1945 foi detida de novo e torturada polos irmáns Antonio e Vicente Juan Creix na sede policial da Vía Layetana, tras o cal foi trasladada á prisión de mulleres de Lles Corts. Xa posta en liberdade condicional en 1946, casou co seu compañeiro, o dirixente comunista Miguel Núñez González. Ambos traballaron na clandestinidade en Andalucía durante un tempo. Ao regresar a Barcelona, ante a posibilidade de ser detida, o PSUC facilitou a Tomasa a saída a Francia primeiro, e a Praga despois. En 1969 regresou a Barcelona e á actividade política contra a ditadura no equipo central de propaganda do PSUC.
Foi membro da Asociación Catalá de Expresos Políticos.
Faleceu o 25 de abril de 2007 en Barcelona.
Recoñecementos
En 2004, a Generalidad de Cataluña otorgoulle o Premio Cruz de Sant Jordi. En 2007 o goberno de España entregoulle a Medalla al Mérito en el Trabajo.
Na recollida de ambos premios reivindicou a memoria pública de todas as mulleres represaliadas.
En Barcelona existe un Centro Cívico que leva o seu nome.
Memoria histórica Propúxose escribir a memoria das mulleres que sufriran prisión e cárcere durante a ditadura. Co rexistro de multitude de testemuñas escribiu tres libros, como forma de manter a memoria daquelas mulleres e aqueles anos. Os títulos dos libros son: Cárcel de mujeres (1939-1945); Cárcel de mujeres: Ventas, Segovia, Lles Corts e Mujeres de la resistencia. En 2004 foron publicados xuntos baixo o título: Testimonios de mujeres en las cárceles franquistas
As testemuñas son numerosas: Manolita do Arco, Josefina Amalia Villa, María Salvo, Petra Cuevas, Juana Dona, Adelaida Abarca, Paz Azzati, Flor Cernuda, entre outras.
Obras
Cárcel de mujeres (1939-1945) (1985) Tomo 1 Cárcel de mujeres (1985) Tomo 2 Mujeres en la resistencia (1986) Tomo 3 Testimonios de mujeres en las cárceles franquistas (2004) Ángeles Egido León (2011). Ciudadanas, militantes, feministas. Mujer y compromiso político en el siglo XX. Eneida. El precio de la militancia femenina: Acción política y represión, pp. 47-74.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Documental Completo: Del olvido a la memoria. "Presas de Franco"
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Políticos do PCE Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Represaliados polo franquismo