Xudite coa cabeza de Holofernes é un óleo sobre lenzo realizado pola pintora Fede Galizia en 1596.

Descrición As dimensións do cadro son 82,3x66,6 cm. A sinatura da autora e a data aparecen na folla da daga coa que a heroína Xudite decapitou o xeneral asirio. e que leva aínda na súa man dereita. Coa outra man suxeita a cabeza de Holofernes que está sobre unha fonte sostida por unha criada. Esta é unha das obra máis coñecidas de Fede Galizia e nela pódense apreciar algunhas das caracteríasticas da súa pintura como é a minuciosidade e o tratamento ornamental suntuoso con brocados e xoias. Considérase que a representación de Xudite é un autorretrato da pintora.

Historia Fede Galizia realizou seis versións sobre o tema de Xudite coa cabeza de Holofernes. Esta versión consérvase no museo Ringling de Sarasota, Estados Unidos.

É unha obra creada no contexto histórico da Contrarreforma católica onde a iconografía relixiosa na arte era utilizada pola Igrexa católica para reforzar os seus preceptos fronte a iconoclasta Reforma protestante. Fede Galizia viviu e desenvolveu a súa carreira profesional en Milán, que entón atopábase baixo o dominio da monarquía española de Habsburgo e abordou a temática relixiosa cumprindo coa exaltación propagandística contrarreformista. Por outra banda na súa obra tamén pode apreciarse o estilo da tradición pictórica lombarda no que prevalecía o interese polo naturalismo e o detallismo realista.

Na exposición de 2023 Mestras do Museo Thyssen-Bornemisza foi incluído este cadro dentro da sección Sororidad I. A causa delle donne xunto ás obras de outras artistas como Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi e Elisabetta Sirani que representaron nas súas pinturas figuras mitolóxicas, personaxes históricos e heroínas bíblicas como Xudite, Yael, Susana ou Porcia.de la Villa, Rocío. «Sororidad I. La causa delle donne». Maestras: Catálogo de la exposición. ISBN 978-84-17173-79-1.

Notas

Categoría:Obras pictóricas