Michael Samuel Kiwanuka , nado en Londres o 3 de maio de 1987, é un cantante e compositor británico que asinou con Polydor Records. O seu primeiro álbum de 2012, Home Again, foi disco de ouro no Reino Unido e o seu segundo álbum, Love & Hate, debutou no 2016 no número un. Estivo nomeado a numerosos premios, entre eles os Brit Awards, MTV Europe Music Awards, BBC Music Awards e os Premios Grammy. En xaneiro de 2012, gañou o premio Sound of 2012 da BBC; e en setembro de 2020, gañou o Mercury Prize.

Traxectoria Nado e criado en Muswell Hill, Londres, Kiwanuka é o fillo de Michael e Deborah, ugandeses que fuxiron do réxime de Idi Amin.Doyle, Tom (2012) "The Soul Man", Mojo, febreiro de 2012, p. 68-9 Asistiu ao Fortismere School, deixándoo en 2005 logo de completar os A-Levels. Asistiu ao School of Media, Arts and Design da Universidade de Westminster.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Artistas de Polydor Records Categoría:Alumnos da Universidade de Westminster Categoría:Británicos de ascendencia ugandesa