Simias de Tebas (en latín, Simmias, en grego, Σιμμίας), foi un filósofo grego, primeiro discípulo do pitagórico Filolao e máis tarde amigo e discípulo de Sócrates. Traxectoria Coñecemos esta amizade a través dunha obra de Xenofonte MemorabiliaXenofonte, Memorabilia, 1.2.48, 3.10.17,. Hai dous diálogos de Platón nos que un personaxe chamado Simias aparece como interlocutor de Sócrates, un é o FedónPlatón, Fedón, 242b e outro o CritónPlatón, Critón, 45b. Mesmo está presente na décimo terceira epístola escrita por Platón. Estudou en Exipto e familiarizouse coa filosofía mística exipcia. Segundo Dióxenes Laercio, Simias foi o autor de 23 diálogos, dos que a enciclopedia Suídas menciona o título de dous Sobre a filosofía e outro Sobre a música, hoxe non conservadosDióxenes Laercio, II, 124. Simias tamén aparece como personaxe no De Genio Socratis de Plutarco, na sección chamada MoraliaPlutarco, Moralia 7.46, 575-598.
Simias viaxou desde Tebas co seu irmán Cebes levando unha gran cantidade de diñeiro para liberar a Sócrates, e estaba ao seu carón cando morreu. Notas
Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -IV Categoría:Nados na periferia de Grecia central