Porto, fortalezas e conxunto monumental de Cartaxena de Indias é o concepto baixo o cal a UNESCO incluíu o centro histórico de Cartaxena de Indias, o conxunto das súas fortificacións e o porto na lista de Patrimonio da Humanidade en 1984. Abrigado nunha baía do mar Caribe, o porto de Cartaxena posúe o conxunto de fortificacións máis completo de toda América do Sur. Un sistema de zonificación divide a cidade en tres barrios diferenciados: San Pedro, coa catedral e numerosos pazos de estilo andaluz; San Diego, antigo lugar de residencia dos comerciantes e da pequena burguesía; e o popular barrio de Getsemaní.

Sitios de interese esquerda|miniatura|250x250px|Plano de Cartaxena de Indias realizado en 1735 e publicado na Obra Relación Histórica da Viaxe á América Meridional, de Jorge Juan e Antonio de Ulloa.

Prazas

Praza dos Coches. Situada dentro da cidade amurallada, atópase rodeada de casaróns coloniais e presidida pola estatua de Pedro de Heredia, fundador de Cartaxena. Praza de Santo Domingo. Praza da Aduana. Presidida pola estatua de Cristovo Colón. Praza de Bolívar. Praza de Armas ou do Parque. Praza da Proclamación. Praza de San Francisco. Praza de San Pedro Claver. Praza de Santa Teresa. Praza do Tejadillo. Plazuela da Mercé. Plazuela do Estudante.

Edificios civís

Barrio Getsemaní e o peirao dos Pegasos. Casa do Marqués do Premio Real. Casa do Marqués de Valdehoyos Casa da Aduana. Teatro Adolfo Mejía (antes, Heredia). Palacio de Goberno. Palacio de Xustiza. Casa da Moeda. Torre do Reloxo.

Arquitectura relixiosa

Catedral Santa Catarina de Alexandría. Igrexa e convento de San Pedro Claver, construída no século polas xesuítas e onde repousan os restos de San Pedro Claver, un dos defensores da causa da poboación negra. Palacio da Inquisición. Convento de San Agustín. Igrexa de Santo Domingo. Convento de San Francisco. Edificio da Alcaldía Maior.

Museos

Museo do Ouro Zenú. Museo de Arte Moderna, onde se presentan exposicións de artistas colombianos. Museo Naval.

Arquitectura militar Castelo San Felipe de Barajas, fortaleza española construída para protexer a cidade do asedio dos piratas. As Murallas. As Bóvedas. Forte de San Sebastián do Pastelillo. Forte de San Fernando de Bocachica. Forte batería de San José. Batería do Arcanxo San Rafael.

Notas

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Colombia