O santuario de fauna e flora de Malpelo é unha área mariña protexida de Colombia e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 2006.

Este santuario de fauna e flora, que inclúe a illa de Malpelo (350 ha) e a zona marítima circundante (857.150 ha), está situado a 506 km da costa colombiana. O seu amplo parque mariño, que é a maior zona de prohibición de pesca de todo o Pacífico oriental tropical, é un hábitat vital para unha serie de especies mariñas ameazadas a nivel mundial. Así mesmo, é unha importante fonte de nutrientes e, polo tanto, unha zona de grande acumulación de biodiversidade mariña. A illa de Malpelo é, en particular, un santuario de meros xigantes, peixes voadores e especies raras de quenllas. A súa costa está considerada un dos lugares máis extraordinarios do mundo para o mergullo, debido á excepcional beleza dos seus cantís e covas escarpadas. Ademais, as súas augas profundas serven de refuxio a un número considerable de especies peláxicas e grandes depredadores mariños, cuxo comportamento natural permanece inalterado neste medio protexido.

Notas

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Colombia