Dolores Clara Fernández Huerta, nada en Dawson o 10 de abril de 1930, é unha activista polos dereitos civís e líder sindical estadounidense, cofundadora da Asociación Nacional de Campesiños, que máis tarde se xuntou co Sindicato Xeral de Campesiños (United Farm Workers). Huerta recibiu numerosos premios polo seu servizo comunitario e pola súa defensa dos dereitos dos traballadores, dos emigrantes e das mulleres, incluídos o Premio de Excelencia Eugene V. Debs, o Premio de Dereitos Humanos Eleanor Roosevelt e a Medalla Presidencial da Liberdade.
Inspiración para a comunidade latina dos Estados Unidos, Dolores Huerta é tema de moitos murais.
Traxectoria Huerta naceu en Novo México, filla de Juan Fernández (mineiro e campesiño) e Alicia Chávez. Foi a segunda filla, e única nena do matrimonio, que se divorciou cando ela tiña tres anos de idade. Alicia criou a Dolores e os seus dous irmáns na rexión central de California, na comunidade rural de Stockton. Nunha entrevista, Huerta declarou: "A principal persoa na miña vida foi a maiña mai. Ela era unha muller intelixente e moi xentil".
O activismo comunitario de Huerta comezou cando era estudante na Stockton High School. Participou en varios clubs da escola e foi unha dedicada girl scout até os 18 anos. Deseguido pasou ao Stockton College da Universidade do Pacífico (que máis tarde se tornou no San Joaquin Delta Community College), onde se formou en pedagoxía. Despois de estudar gramática, Huerta decidiu dedicarse profesionalmente ao activismo:
direita|miniaturadaimagem|260px|Dolores Huerta nun acto en Santa Bárbara, o 24 de setembro de 2006. En 1955, Dolores Huerta comezou oficialmente a súa carreira como activista, axudando a Frank Ross a iniciar e fundar o Capítulo de Stockton da Organización de Servizos Comunitarios, que loitba por melloras económicas para os latinos.Frank, M. "Dolores found her calling as an organizer while serving in the leadership of Stockton Community Service Organization (CSO)" "Dolores Huerta: "Sí, se puede—We can do it." File: Dolores Huerta. Archives of Labor and Urban Affairs, Ruether Library, College of Urban, Labor, and Metropolitan Affairs, Wayne State University, Detroit, MI (1987). En 1960, foi cofundadora da ASociación dos Traballadores Agrícolas que fixo presión aos gobernos locais para obter melloras en barrios agrícolas.Dolores Huerta Foundation (16 de novembro de 2013). En 1962, cofundou con César Chávez a Asociación Nacional dos Campesiños, que máis tarde se converteu na Comisión Organizadora da Unión dos Traballadores do Campo. Máis tarde participou da Union Farm Workers.
O 5 de xuño de 1968, Huerta ficou ao lado de Robert F. Kennedy nos Ánxeles cando fixo o discurso sobre a súa vitoria electoral. Momentos após a fin do discurso houbo un tiroteo e cinco persoas recibiron disparos, incluído Kennedy, que morreu polas súas feridas o 6 de xuño.
Huerta é presidenta da Fundación Dolores Huerta, que ela fundou en 2002. Dolores Huerta é unha organización 501(c)(3) "para o beneficio da organización popular da comunidade, atraendo e desenvolvendo líderes naturais.
Homenaxes En 1997, Dolores Huerta foi nomeada como unha das tres mulleres máis importantes do ano pola revista Ms.. En 1998 recibiu de mans do presidente Bill Clinton, o premio Eleanor Roosevelt de Dereitos Humanos. No mesmo ano, Ladies' Home Journal recoñeceuna como unha das 100 mulleres máis importantes do século XX.
O 29 de maio de 2012 recibiu do presidente Barack Obama a Medalla Presidencial da Liberdade.
Filmografía Dolores Huerta é un dos temas do filme de Sylvia Morales, A Crushing Love (2009), continuación de Chicana (1979).
Foi representada pola actriz e activista Rosario Dawson no filme César Chávez (2014), de Diego Luna.
A súa traxectoria de loita como líder sindicalista e activista polos dereitos das traballadoras e traballadores rurais chicanos é o tema do documental Dolores, de 2017.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Dolores Huerta Foundation Dolores Huerta Celebrates 80th Birthday with Call for "Weaving Movements Together" – video report by Democracy Now! Biography at Las Culturas Michals, Debra. "Dolores Huerta". National Women's History Museum. 2015. Equality California
Categoría:Nados en Novo México Categoría:Nados en 1930 Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Sindicalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia mexicana