Sabela é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o hebreo Elisheva (אֱלִישֶׁבַע), composto por "el" 'Deus' e "xeba", o cal pode interpretarse como 'xuramento' ou 'sete', considerado o número perfecto. Xa que logo, podería significar 'Deus é o meu xuramento' ou 'Deus é perfección'. En galego tamén ten a variante Isabel, e os hipocorísticos Sabel e Beluca.
En xaneiro de 2023 existían 3 342 mulleres en Galicia co nome Sabela, cunha media de idade de 17,9 anos.Nome Sabela na Web do Instituto Galego de Estatística
Etimoloxía Este conxunto de nomes é unha variante galega do nome hebreo Elisheba, pasando polo latín ("Elísabet") e o grego (Ἐλισάβετ; "Elisábet"), a través dos cales pasaron a outras linguas europeas.Albert Dauzat, Noms et prénoms de France, Librairie Larousse 1980, édition revue et commentée par Marie-Thérèse Morlet, p. 337a.Chantal Tanet et Tristan Hordé, Dictionnaire des prénoms, Larousse, París, 2009, p. 38 O uso de Sabela como nome está vinculado á personaxe bíblica de Sabela, nai de Xoán Bautista.Guido Gómez de Silva, Breve diccionario etimológico de la lengua española, Cidade de México: Fondo de Cultura Económica, 1985.
Sabela noutras linguas Alemán: Sissy / Sisi / Ilse / Elsa / Lisbeth / Elsbeth / Elly / Elise / Elisabeth Aragonés: IsabelEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Sabel / Sabela Bretón: Izabell Castelán: Isabel Catalán: Elisabet / Isabel Éuscaro: Elisabet / Isabel / Elixabete / Elisabeth Francés: Babette (hip.) / Lise (hip.) / Elise (hip.) / Isabelle / Elisabeth Húngaro: Erszébet Inglés: Alice (hip.) / Lizzi (hip.) / Bessie (hip.) / Betty (hip.) / Elizabeth / Elisabeth Italiano: Bettina (hip.) / Isabella / Elisabetta Polaco: Elżbieta Portugués: Isabel Romanés: Isabela / Elisabeta Ruso: Elisaveta
O nome na cultura galega "Sabela" é o título dun dos relatos da obra de Castelao Retrincos. Non chores, Sabeliña, zarzuela galega composta polo lucense Gustavo Freire en 1943. Sabela de Cambados, filme galego de 1949 dirixido por Ramón Torrado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos