alt=Geoffrey Hinton nunha conferencia sobre redes neuronais profundas na Universidade da Columbia Británica.|miniatura|Geoffrey Hinton nunha conferencia sobre redes neuronais profundas na Universidade da Columbia Británica.
Geoffrey Hinton, nado en Wimbledon o 6 de decembro de 1947, é un físico inglés. É considerado un dos principais pioneiros da aprendizaxe profunda e das redes neuronais artificiais modernas, en particular polo desenvolvemento de algoritmos de retropropagación e de representacións distribuídas.
Traxectoria
Formación Estudou psicoloxía experimental no King's College da Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1970, e doutorouse en intelixencia artificial na Universidade de Edimburgo en 1978.
Carreira profesional, investigadora e docente Traballou en diversas universidades do Reino Unido e dos Estados Unidos, entre elas a University of Sussex, a University of California, San Diego e a Carnegie Mellon University, antes de incorporarse en 1987 ao departamento de informática da Universidade de Toronto, onde é profesor emérito e asesor científico xefe do Vector Institute for Artificial Intelligence, do que é cofundador.
Premios Polo seu labor na aprendizaxe profunda foi recoñecido, entre outros galardóns, co Premio Turing en 2018, compartido con Yoshua Bengio e Yann LeCun, e co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 2022.
Recibiu o Premio Nobel de Física 2024 xunto con John Hopfield, en verbas do Comité outorgante, "polos descubrimentos e invencións fundamentais que permiten a aprendizaxe automática con redes neurais artificiais"https://www.nobelprize.org/uploads/2024/09/advanced-physicsprize2024.pdf. No caso particular de Hinton, pola invención dun método capaz de atopar propiedades nos datos e realizar tarefas como identificar elementos concretos en imaxes.
Notas
Véxase tamén
redes neurais artificiais intelixencia artificial intelixencia artificial xeral
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Nados en Inglaterra