O Ministerio de Medio Ambiente de España era un antigo órgano de goberno da Administración Xeral do Estado creado trala chegada de Jose María Aznar á presidencia do Goberno no ano 1996, coa división en dous do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. Estivo encargado até 2008 da proposta e execución da política do Goberno en materia de conservación da natureza, desenvolvemento sostible, impacto ambiental e ordenación da flora, a fauna, os hábitats e os ecosistemas naturais, así como da colaboración coas Comunidades Autónomas para a realización das actuacións correspondentes nestas materias, a xestión e custodia do dominio público marítimo e terrestre e de todas as súas competencias actuais.

O MMA tamén se encargou da xestión das reservas hidráulicas e do Servizo Meteorolóxico Nacional. En 2008 as competencias deste ministerio pasan a ser asumidas polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España.

Ministros de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente V Lexislatura (1993 - 1996) (1993 - 1996): Josep Borrell Fontelles (PSOE)

Ministros de Medio Ambiente VI Lexislatura (1996 - 2000) (1996 - 2000): Isabel Tocino (PP) VII Lexislatura (2000 - 2004) (2000 - 2003): Jaume Matas Palou (PP) (2003 - 2004): Elvira Rodríguez (PP) VIII Lexislatura (2004 - 2008) (2004 - 2008): Cristina Narbona (PSOE)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño

Medio Ambiente