miniatura|240px|Área temática de Francia no parque temático Europa-Park Un parque temático defínese como un conxunto de espazos recreativos onde se reúnen atraccións mecánicas ou de divertimento ao redor dunha liña argumental específica deseñada para ofrecer entretemento, educación, lecer e cultura aos seus visitantes, e onde a temática da experiencia sitúase por riba da necesidade de entretemento tradicional.

Os parques temáticos divídense xeralmente en áreas inmersivas temáticas "terras" ou "áreas temáticas", e sempre contan cun eixo argumental onde cada zona do parque presenta unha temática ambiental que xorde de obras cinematográficas, como películas ou series, libros, períodos históricos, cuestións científicas, personaxes de sona ou baseadas en guións propios dos deseñadores do parque.

O Disneyland Park é un dos parques temáticos máis famosos do mundo. Fundado en 1955 deseñou unha tematización centradas en personaxes que son propiedade intelectual da marca. En Bos Aires (Arxentina), desde 1999 funciona o parque temático relixioso Tierra Santa. Este establecemento invita a recrear a vida de Xesucristo e a pasear polas rúas da Xerusalén de hai uns dous mil anos.

A principal diferenza que distingue a un parque de atraccións ou unha feira con atraccións mecánicas, como por exemplo a Feira Popular de Lisboa, sería polo tanto os deseños, decorados e guión que tematizan a localización e que pivotan sobre unha ambientación derivada dos mesmos.

Calcúlase que 380 millóns de persoas visitaron os parques temáticos do mundo en 2023.

Listaxe de Parques temáticos por país

Portugal Funny City Magikland, orixinalmente Bracalândia. Portugal dos Pequenitos

Alemaña Europa-Park Hansa-Park Heide Park Phantasialand Movie Park Tripsdrill Holiday Park

España PortAventura World Ferrari Land Terra Mítica Parque Warner Madrid Isla Mágica Dinópolis Siam Park Puy du Fou España

Brasil Beto Carrero World Hopi Hari Playcenter

Estados Unidos Magic Kingdom Epcot Disney's Hollywood Studios Disney's Animal Kingdom Disneyland Park Disney California Adventure Park Universal Studios Hollywood Universal Studios Florida Universal's Islands of Adventure

Países Baixos Efteling Toverland Slagharen Walibi Holland Drievliet

Xapón Fuji-Q Highland Nagashima Spa Land Universal Studios Japan Tokyo Disneyland Tokyo DisneySea

Irlanda Bundoran Celtworld Funtasia Pirate Adventure Park

Singapur Universal Studios Singapore

Véxase tamén Outros artigos Montaña rusa Nora (atracción) Ligazóns externas Parques de atraccións e temáticos.