José Luis Appleyard, nado en Asunción o 5 de maio de 1927 e finado id. en 1998, foi un poeta, dramaturgo, avogado, xornalista e editor paraguaio. Considerado un dos membros máis representativos da chamada «Academia Universitaria do Paraguai», na que ingresou ao amparo do padre César Alonso de las Heras; e do grupo xeracional de autores enmarcados baixo a etiqueta de Promoción del 50. Traxectoria A súa formación primaria foi na Escuela Normal de Profesores, e a primeira parte dos seus estudos secundarios realizouse no Colexio San José de Asunción, concluíndo o bacharelato no Colexio San Martín, en Buenos Aires, Arxentina. Estudou a licenciatura en Dereito na Universidade Nacional de Asunción e traballou durante aproximadamente unha década na súa profesión, para logo dedicarse de cheo ao xornalismo e á poesía.

Estilo O propio Appleyard, nun breve escrito de xuño de 1981 que abre o seu libro Tomado de la mano (“Agarrados da man”), en relación aos seus poemas expresa: «E así é como, collido das súas mans, vinme nunha longa traxectoria de anos, días e horas que me deron un pouco de todo. Nese percorrido apoiado polos meus versos sentinme triste e feliz, sentinme abrumado pola soidade e máis aínda pola compañía sempre fugaz. Vinme de neno en Areguá. Vinme como un mozo estudante en Bos Aires. Teño a sensación de estar de novo na Academia Universitaria, esa fermosa experiencia que creou un grupo de amigos. E tamén me mirei, o meu cabelo xa está branco, a miña barba gris, igual que hoxe».

Distincións En 1961, gañou o Premio Municipal de Teatro co drama poético sobre a independencia paraguaia Aquel 1811. En 1997, recibiu o Premio Nacional de Literatura do Paraguai polo seu libro Cenizas de la vida.

Notas

Categoría:Escritores de Paraguai Categoría:Nados en Asunción Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Paraguai