Vibilio, Vibilius ou Vibillius é o nome latinizado dun poderoso rei dos Hermunduros do século I, mencionado nos Anais do historiador romano Tácito. Para Wilhelm Zimmermann, Vibil(l)ius é a latinización do nome WeibelZimmermann (1877), p. 86. (ou Waibel), que Felix Dahn discute.Dahn (1907), p. 29

Traxectoria Despois do derrocamento do marcomano Maroboduo por Catualda no ano 18,Tácito (1979), p. 175 (Libro II; 63) Maroboduo fuxiu á provincia romana de Nórico e despois os romanos permitiron que residise en Rávena, onde estivo dezaoito anos.Tácito (1979), p. 176 (Libro II; 63,4) A seguir, Catualda, comezou a espallar os seus territorios e ocupar zonas da actual Bohemia, o que era contrario ós intereses do Imperio Romano, pois consideraban un perigo o establecemento dun potente reino na fronteira norte do Nórico. Así, no ano 21, apoiaron ao hermunduro Vibilio para que atacese a Catualda e o depuxese.Tácito (1979), p. 176 (Libro II; 63,5) Catualda, como Maroboduo antes, viuse obrigado a se refuxiar no Imperio Romano e marchou á Gallia Narbonensis.

Pero as ambicións de Vibilio, chamaron a atención dos romanos que coa axuda dos cuados, tamén o depuxeron a el e cederon o poder sobre os terreos ao norte do Nórico a Vannio (en latín, Vannius), quen era o caudillo dos cuadosTácito (1979), p. 177 (Libro II; 62,6) e gobernou durante case trinta anos de xeito tiránico e cruel ás tribos circundantes. Cara o ano 50, Vibilio, aliado cos sobriños de Vannio, Vangión e Sidón, atacou dende o norte e derrotou a Vannio, poñendo fin ao reino dos marcomanos.Tácito (1980), p. 68 (Libro XII; 29,2) Vannio xunto cos seus clientes atoparon refuxio entre os romanos en Pannonia.

Consecuencias O territorio dividuse entre Vangio e Sido. Un gobernou sobre os marcomanos e o outro sobre os cuados. Isto levou a unha fragmentación do poder en Xermania, mais nos anos vindeiros continuaron os ataques das tribos xermánicas contra a fronteira norte do Imperio Romano que acabaron provocando as guerras marcomanas de 166-180, cando os romanos víronse obrigados a construír un feixe de fortalezas do Limes Romanus para defender as fronteiras setentrionais das provincias de Nórico, Dacia e Panonia. O emperador romano Marco Aurelio enviou unha lexión romana (Legio II Italica Pia) xunto cun gran corpo auxiliar para protexer esta fronteira. Estas forzas militares mantiveron o seu cuartel permanente aquí desde entón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados no século I Categoría:Monarcas Categoría:Hermunduros Categoría:Finados no século I Categoría:Xermania