Isabela Figueiredo, nada en Lourenço Marques, Mozambique en 1963, é unha escritora e profesora portuguesa que salienta dentro da literatura poscolonial portuguesa. Logo da independencia de Mozambique regresou en 1975 a Lisboa (Portugal), a terra dos seus pais, como retornada.

Traxectoria Figueiredo licenciouse en Linguas e Literaturas Modernas (unha variante de Estudos Portugueses) pola Facultade de Ciencias Sociais e Humanas (FCSH) na Universidade Nova de Lisboa e está especializada en estudos de xénero pola Universidade Aberta de Lisboa. Comezou a escribir en 1983 publicando textos no suplemento literario do Diário de Notícias, un dos xornais máis influentes da época. En 1988 gañou o primeiro premio na Mostra Portuguesa de Artes e Ideias coa súa novela Conto é Como Quem Diz. Traballou xomo xornalista no Diário de Notícias entre 1988 e 1994, onde tamén coordinou o suplemento DN Jovem. Traballa como profesora de ensino secundario de portugués.

A súa obra enmárcase dentro da literatura poscolonial portuguesa. En 1988 publicou "Conto é Como Que Diz" baixo o nome de Isabel Almeida Santos. En 2009 publicou o seu "Caderno de Memórias Coloniais" cunha moi boa acollida por parte da crítica, e en 2010 foi elixido un dos libros máis salientables da década por un dos suplementos culturais máis recoñecidos no eido portugués actual. Foi escollido pola escritora Maria da Conceicão Caleiro e o ensaísta e profesor Gustavo Rubim no especial publicado pola revista de cultura Ipsilon (suplemento de cultura do xornal Público). O seu libro "A Gorda" (2016) foi considerado un dos dez mellores libros de 2016 pola revista en liña Espalha-Factos.

En 1988 foi recoñecido o seu talento co premio de prosa na I Mostra Portuguesa de Artes e Ideias, coa novela Conto é Como Que Diz e en 2010 recibiu o premio ao mellor libro do amo con Caderno de Memórias Coloniais.

Obra 1988 – Conto é Como Quem Diz, Europress, ISBN 9789725591017 2009 – Caderno de Memórias Coloniais, Angelus Novus, Coímbra, ISBN 9789722127585 2016 – A Gorda, Editorial Caminho, ISBN 9789722128339

Premios 1988 – Primeiro Premio de prosa na I Mostra Portuguesa de Artes e Ideias coa novela: "Conto é Como Quem Diz". 2010 – Monstro do Ano, Mellor Libro do Ano, por Angelus Novus.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Maputo Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Portugal