O queixo Paraguai ou queixo paraguaio (en guaraní: kesu Paraguái) é un queixo artesanal de leite vacún, propio da tradición gastronómica paraguaia. Trátase dun tipo de queixo particular, de consistencia semidura e sabor lixeiramente acedo; obtido da callada — á que se lle adoita engadir sal — que, ao estar elaborado con leite enteiro, convértese nun queixo semibranco e moi nutritivo, cunha vida útil aproximada de corenta e cinco días.

Denominación

O nome kesu Paraguái, polo que se coñece nas zonas rurais de Paraguai; provén da guaranización do vocábulo castelán queso, e o nome na lingua guaraní do país de que é orixinal.

Elaboración Tradicionalmente, os únicos ingredientes utilizados na elaboración do queixo Paraguai son o leite enteiro puro, o sal iodado, o limón e a callada (preparado que se obtén da mestura de leite con callo, parte do aparello dixestivo de certos ruminantes que segrega, durante a dixestión do animal, ácido láctico).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sopa paraguaia

Categoría:Gastronomía de Paraguai Categoría:Queixos con denominación de orixe Categoría:Queixos de leite de vaca