Tubia AunTamén Tobia Aun, Toubia Aoun. (en ), nado en decembro de 1803 en Moallaqat-Damour e finado o 5 de abril de 1871, foi un eclesiástico maronita, arcebispo de Beirut dende 1847 até o seu pasamento.

Traxectoria

Naceu en Moallaqat-Damour en decembro de 1803. O 13 de marzo de 1841 foi nomeado bispo, recibindo a ordenación episcopal o 19 de marzo de mans do patriarca Xosé VIII Pedro Hubaix. En 1844 foi nomeado administrador apostólico de Beirut, e o 10 de xuño de 1847 pasou a ser arcebispo da mesma sé. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Finou no cargo o 5 de abril de 1871.

Notas

Categoría:Nados en 1803 Categoría:Nados no Líbano Categoría:Finados en 1871 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica maronita Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro