Maria da Graça Monteiro Lobo da Costa, máis coñecida como Graça Lobo, nada en Vialonga, Vila Franca de Xira ou Penha de França, Lisboa, o 12 de abril de 1939, e finada en Torres Vedras o 9 de setembro de 2024, foi unha actriz e escritora portuguesa.

Traxectoria Graça Lobo era filla única de Lia Sacramento Monteiro e de Artur Leal Lobo da Costa, nado en Coímbra o 14 de novembro de 1882, que salientou como militar e que foi Coronel, Arma de Infantaría, Governador Civil de Leiria, Coímbra, Porto e Lisboa, tendo sido Membro do Consello da Orde Militar de Avis, Medalla de Ouro de Comportamento Exemplar, Cruz de 3ª Clase de Hohenzoller, Grande Oficial da Orde de Cristo e Deputado portugués na 1ª lexislatura do Estado Novo, de 1935 até a renúncia, en 1937.Genealogia Hebraica - 5 vols. José Maria Abecassis, Edição do Autor, 1.ª Edição, Lisboa, 1990, vol. I-páx. 406 Non existe consenso no tocante ao lugar de nacemento de Graça Lobo. Existen fontes segundo as cales naceu nun palacio, propiedade do pai, en Vialonga, mais segundo outras fontes, o nacemento ocorreu na freguesía da Penha de França, en Lisboa. En Vialonga pasou festivos e fins de semana até os 18 anos. Despois de ter estudado nos mellores colexios, o pai mandouna para um convento en Dublín cando tiña 15 anos, até os 17 anos. Aos 19 anos traballou nunha compañía aérea de Bogotá como hospedeira e despois na TAP.Revista Sábado n,º 565, 26/02/2015.

Morreu de causas naturais o 9 de setembro de 2024, no lar da Santa Casa da Misericórdia de Torres Vedras, onde residía dende 2019.

Filmografía +AnoTítuloPersonaxeNotas1966A Bola de FogoTelefilme1967As Noites BrancasTelefilme1969Noite de VerãoKathieTelefilme1979Velhos TemposAnnaTelefilme1988PlayTelefilme2012SilencioAmaFilme

Obras Sinceramente, Oficina do Livro (2001)

Notas

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Actores de Portugal