Nowaki (en ; en ) é unha novela curta de Natsume Sōseki. Foi publicada en xaneiro de 1907 pola revista literaria Hototogisu.

Título A palabra nowaki, que se pode traducir como "vento de outono", refírese aos tifóns propios desta estación do ano. Porén, o termo alude tamén ao capítulo 28 do célebre Genji monogatari, unha das obras narrativas máis importantes do Xapón. Neste sentido, o título da novela de Sōseki mestura o real co literario.

Sinopse Nowaki conta a historia de tres escritores. Dous deles, Takayanagi (doente de tuberculose) e o dandi Nakano, foron amigos nos seus anos de estudantes e, recentemente graduados da universidade, intentan atopar o seu lugar no mundo. O terceiro e máis vello, Dōya-sensei, foi mestre nunha escola de provincias, até que foi obrigado a dimitir polos habitantes e estudantes da localidade, anoxados pola súa actitude irrespectuosa cara a autoridade. Xa en Tokyo, intenta gañar o pan como editor e escritor, pero apenas consegue ingresos, para consternación da súa esposa. Dōya-sensei intenta rematar e publicar o seu traballo principal, Ensaio sobre o carácter. Por pura coincidencia, estes tres personaxes teñen en común a suma de cen iens (o equivalente dun mes de salario na época).

Recepción A nivel temático, Nowaki está relacionada con Nihyakutōka (1906) e con Gubijinsō (1907), a melodramática traxedia dunha rapaza incapaz de medrar nun mundo de homes. Nowaki e Gubijinsō son as obras máis moralistas e didácticas de Sōseki, malia que foron ben recibidas pola crítica e o público. Tamén está relacionada con Seinen (1910), de Mori Ōgai, na que Sōseki aparece representado polo personaxe de Hirata Fuseki, quen sermonea sobre a literatura e a vida intelectual.

Traducións En castelán Nowaki (2024). Tradución de Fernando Cordobés e Yoko Ogihara. Satori Ediciones. .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Texto completo en xaponés (Aozora Bunko)

Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Obras literarias de Natsume Sōseki