Carolina Ortega Yuste, nada en Badaxoz o 30 de xullo de 1991, é unha actriz española, gañadora do premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en Carmen y Lola (2018).

Traxectoria Carolina Ortega Yuste naceu en Badaxoz. Tras formarse en Madrid na Real Escuela Superior de Arte Dramático e no centro de investigación teatral La Manada, comezou a traballar no teatro con Las brujas (2012).

Iniciou a súa experencia no cinema en 2016 participando na longametraxe Historias románticas (un poco) cabronas, de Alejandro González Ygoa, unha "anti-comedia romántica" de cinema independente realizada con 11 técnicos e 32 actores e actrices novas e sen apenas orzamento. Continuou coa curtametraxe Libélulas (2017) de Alba Pino. Ese mesmo ano chegou tamén o seu primeiro traballo na televisión co papel de Dorita en La sonata del silencio.

En 2018 participou na rodaxe de Carmen y Lola dirixida por Arantxa Echevarría que a situou na primeira liña da interpretación no cinema coa personaxe de Paqui. En febreiro de 2019 recibiu o Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo no filme. Ao recibir o galardón salientou "o valor dun proxecto cinematográfico en que o 70 por cento son mulleres en postos de decisión". Ademais, tivo un papel secundario no filme Quién te cantará, dirixido por Carlos Vermut. Un ano máis tarde formou parte do elenco da serie Brigada Costa del Sol protagonizada por Hugo Silva, Álvaro Cervantes, Miki Esparbé e Jesús Castro mentres continuou coa xira coa obra teatral Hablar por hablar baixo a dirección de Fernando Sánchez Cabezudo.

En 2019 continuou a súa carreira no teatro con Suaves que coprotagonizou con Esther Ortega. En 2020 protagonizou a longametraxe de acción de Daniel Calparsoro Hasta el cielo, xunto a Miguel Herrán e Asia Ortega.

Filmografía Ano Título Personaxe 2016 Historias románticas (un poco) cabronas Ana 2018 Quién te cantará Ana Carmen y Lola Paqui 2020 Hasta el cielo Estrella 2021 El cover Margarita, imitadora de Amy Winehouse Chavalas Desi Sevillanas de Brooklyn Ana La familia perfecta Sara 2022 Girasoles silvestres Maite 2023 Chinas Amaya Saben aquell Conchita La infiltrada Aranzazu Berradre Marín

Obra

Toda mi violencia es tuya (novela, 2025).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Carolina Yuste en Mayte Ortega.

Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Nados en 1991 Categoría:Actores de Estremadura Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España