Teresa Imízcoz Beunza, nada en Pamplona o 8 de outubro de 1965, é unha filóloga e escritora española. É a directora do centro da UNED en Pamplona dende setembro de 2022.
Traxectoria Nada en Pamplona, realizou a licenciatura e o doutoramento en Filoloxía Hispánica na Universidade de Navarra. Tras realizar estadías de investigación na Universidade Columbia (Nova York), exerceu a docencia durante catorce anos nas Universidades de Navarra e de Georgetown (Washington, D.C.).
Foi directora do Instituto Cervantes en Bordeos e Tolosa (2003-2010). Dende alí fíxose cargo do centro asociado na UNED en Vitoria (2011-2022), onde creou o Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE). É articulista de opinión do xornal El Correo (Bilbao).
Teresa está casada co filósofo Daniel Innerarity, con quen ten dous fillos: Javier e Jon.
Publicacións Manual para cuentistas: El arte y el oficio de contar historias, Península, 1998, 232 pp.''
Notas
Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1965 Categoría:Profesores da Universidade de Georgetown Categoría:Profesores da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Escritores de Navarra Categoría:Escritores en lingua castelá