O Ano Internacional para a Erradicación da Pobreza foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como 1996, e pretendía acometer o esforzo concentrado dos países en programas comúns de debate e procura de solucións planetarias sobre este problema específico. A proclamación tivo lugar no pleno número 86, o 21 de decembro de 1993.
Historia A Resolución 47/196, do 22 de decembro de 1992, estableceu o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza entre as datas oficiais da ONU. Outras resolucións deste órgano tratáronse da cooperación internacional para a erradicación da pobreza (como as resolucións 43/195, do 20 de decembro de 1988, 44/212, do 22 de decembro de 1989, 45/213, do 21 de decembro de 1990, e a 46/14) e 47/197 dos anos seguintes).
Obxectivos Recoñecía a pobreza como un problema complexo e multidimensional, con orixe tanto interna como internacional, e a súa erradicación en todos os países, especialmente nos en vías de desenvolvemento, foi unha das prioridades da década dos noventa para o fomento do desenvolvemento sustentábel.
Sinalouse que debían ampliarse os esforzos realizados a nivel nacional e internacional para garantir a erradicación da pobreza, especialmente nos países menos desenvolvidos.
En decembro de 1996 foi nomeada a década de 1997 a 2006 como 'Primeira década das Nacións Unidas para a erradicación da pobreza".
Notas
Véxase tamén
Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
Ligazóns externas
Proclamación
Categoría:1996 Categoría:Anos internacionais da ONU