Qufu (chinés tradicional e simplificado: 曲阜; pinyin: Qūfù; Wade-Giles: Ch'ü-fu) é unha cidade do suroeste da provincia de Shandong, preto da costa oriental da República Popular da China. Está situada a uns 130 km ao sur da capital provincial Jinan. Desde a década de 2000 está irmandada con Santiago de Compostela. Historia e patrimonio miniatura| Muralla da cidade de Qufu, porta sur.|esquerda Qufu é famosa por ser o lugar de nacemento do filósofo Confucio (551 a. C. - 479 a. C.) quen, tradicionalmente, crese que naceu no monte Ni próximo. Foi a capital do Estado de Lu durante o Período de primaveras e outonos. Até 1937, os membros da familia Kong, descendentes directos de Confucio e do seu neto Zisi, viviron na cidade. A cidade contén numerosos pazos, templos e cemiterios históricos. Os máis famosos sitios culturais da cidade, coñecidos como San Kong ('os Tres [sitios]'), inclúen o Templo de Confucio, o Cemiterio de Confucio e a Mansión da Familia Kong; Os tres sitios son Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1994.

Xeografía e demografía Ten unha poboación urbana duns 60 000 habitantes (2004) e toda a comarca administrativa conta cuns 650 000 habitantes. Abrangue unha superficie de 815 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 653 000 habitantes, con 188.000 que viven en zonas urbanas. Qufu é famoso como o lugar de nacemento de Confucio. Toponimia O nome da cidade "Qufu" significa "outeiro torto" en chinés, e refírese a un outeiro dunha milla de longo que formou parte da cidade durante a súa época como capital do estado de Lu.

Relixión Qufu é un lugar importante no confucianismo xa que é o lugar de nacemento do filósofo Confucio. A cidade ten o Templo de Confucio máis importante, o Mausoleo de Confucio e a Mansión da Familia Kong. Ademais, ten unha sucursal da Santa Igrexa de Confucio e é a sede da Federación da Cultura Confuciana.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Asia URBS Heritage Confucianismo Confucio Templo de Confucio

Categoría:Patrimonio da Humanidade na China Categoría:Xeografía da China