Giorgi Kochorashvili (en ), nado en Tbilisi o 29 de xuño de 1999, é un futbolista xeorxiano que xoga como centrocampista do no Levante, da Segunda División. É internacional absoluto coa selección de Xeorxia.

Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Saburtalo Tbilisi, debutou co primeiro equipo o 23 de xullo de 2017, nun partido ante o Torpedo Kutaisi.

Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 foi cedido ao Girona FC, xogando na primeira delas no conxunto xuvenil e na segunda no filial, o Peralada, da Segunda División B.

En 2019 foi traspasado ao Levante para xogar no seu filial e o 12 de xullo de 2020 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Rubén Rochina nunha derrota por 2-1 ante o Athletic de Bilbao.

Na tempada 2022/23 xogou cedido no Castellón, da Primeira Federación.

Selección xeorxiana Internacional coas categorías inferiores de Xeorxia, militou nos equipos sub-19 e sub-21. O 12 de setembro de 2023 debutou coa selección xeorxiana absoluta, nunha derrota por 2-1 ante Noruega.

Participou nos dous partidos de play-off, correspondentes á clasificación para a Eurocopa de 2024 e na final contra Grecia anotou o seu lanzamento na quenda de penaltis, contribuíndo así á primeira clasificación da historia do seu país para o máximo torneo continental.

No primeiro partido da Eurocopa contra Turquía, Kochorashvili deulle unha asistencia a Georges Mikautadze cun centro á área, que este converteu no primeiro gol de Xeorxia nun torneo internacional.

Na tempada 2024/25 da Liga das Nacións da UEFA, Kochorashvili marcou nos dous primeiros partidos, incluíndo o gol da vitoria contra Albania.

Notas

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Futbolistas de Xeorxia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Peralada Categoría:Xogadores do Levante UD B Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Xeorxia Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024