miniatura|Xbox 360. A sétima xeración de consolas domésticas de videoxogos empezou o 22 de novembro de 2005, co lanzamento da Xbox 360 de Microsoft. Este foi seguido polo lanzamento da PlayStation 3 de Sony o 17 de novembro de 2006 e a Wii de Nintendo o 19 de novembro de 2006. Cada nova consola introduciu novas tecnoloxías. A Xbox 360 ofrecía xogos renderizados de forma nativa en resolucións de vídeo de alta definición (HD), a PlayStation 3 ofrecía a reprodución de filmes en HD mediante un reprodutor de Blu-ray Disc 3D integrado, e a Wii centrouse en integrar controladores con sensores de movemento así como joysticks. Algúns controis da Wii poden moverse para controlar as accións do xogo, o que permite aos xogadores simular accións do mundo real a través do movemento durante o xogo. Nesta xeración, as consolas de videoxogos convertéronse nunha parte importante da infraestrutura de TI global; calcúlase que as consolas de videoxogos representaron o 25% da potencia mundial da computación de propósito xeral en 2007. Free access to the article through martinhilbert.net/WorldInfoCapacity.html

Notas

Categoría:Consolas de videoxogos