Ricardo Vilas Quintáns, nado en Treites, Cespón (Boiro) en 1894 e finado en Bico de Mar, Bealo (Boiro) o 2 de setembro de 1936, foi un campesiño e carpinteiro galego.

Traxectoria Non militou en ningún partido político, aínda que colaborou co goberno local durante a Segunda República Española. Foi un dos milicianos do comité de defensa acusado de participar na voadura da ponte de Beluso, integrado na partida do cenetista José Saavedra García, coa intención de dificultar o avance do exército sublevado tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Estivo agochado no monte, mais foi apresado e asasinado por un grupo composto por trinta persoas nos muíños da Arribada, preto de Bico de Mar, onde ía pasar a noite, tras ser delatado por un veciño. Os seus restos repousan no cemiterio de Cespón, nunha lápida onde non figura o seu nome.

Recoñecementos Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2023 e o seu nome foi inscrito no monumento que conmemora os represaliados do concello na rotonda de Cimadevila.

Vida persoal Estaba casado. O seu fillo Manuel foi alistado polo bando nacional e combateu na batalla de Teruel.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1936