Manuel Ángel Aller Carballo, máis coñecido como Manuel Aller, nado o 17 de abril de 1963 en Ponferrada, León, é un antigo xogador galegoSendo nado no Bierzo, desenvolveu toda a súa carreira en Galiza e xogou coa selección galega de veteranos. de baloncesto. Con 1,92 metros de estatura, ocupaba a posición de escolta. Salvo unha tempada no Club Baloncesto Salamanca, toda a súa carreira transcorreu no Club Baloncesto OAR Ferrol, mesmo despois da desaparición deste club galego.

Traxectoria Fillo dun berciano e unha galega de Esgos, Manuel Aller comezou a xogar aos 12 anos, e aos 15 anos trasladouse á canteira do OAR Ferrol, iniciando así unha duradeira relación con ese club.

Na súa xuventude, Aller compaxinou o deporte coa formación profesional, baixo a estrita supervisión do OAR Ferrol, que esixía boas notas para permitirlle seguir xogando.

En categoría júnior competiu no Eurobasket de 1989 en Zagreb. Despois da desaparición do OAR Ferrol, Aller xogou temporalmente en Salamanca antes de volver ao baloncesto en categorías máis modestas.

Clubs

1980-1982 Club Baloncesto OAR Ferrol 1982-1983 Non xoga polo servizo militar. 1983-1994 Club Baloncesto OAR Ferrol 1994-1995 Club Baloncesto Salamanca 1995-1996 Clesa Ferrol. 1996-1997 Galicia Ferrol. 1997-2000 Abeconsa Ferrol 2000-2001 Abeconsa Ferrol. Entra en decembro despois de exercer como adestrador.

Seleccións

Selección española de baloncesto. 19 xogos. Selección galega de veteranos.

Nomeamentos

1988-89 ACB. Clesa Ferrol. "Gigante Nacional". Revista <i>Gigantes del Basket</i>.

Adestrador e asistente

2000-01 LEB. Abeconsa Ferrol. Axudante de Javier Lorenzo. 2000-01 LEB. Abeconsa Ferrol. Faise cargo do equipo con Félix Bañobre. Dirixe dous partidos. 2000-01 LEB. Abeconsa Ferrol. Substituído por Ángel Navarro. Entra como xogador.

En 2006, sumouse á Federación Española de Baloncesto, como asistente técnico baixo a dirección de Sergio Scariolo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Manuel Aller, ilustre berciano, biografía. Ficha do xogador na páxina web da ACB.

Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Xogadores do CB Salamanca Categoría:Xogadores do OAR Ferrol Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia