O teatro da Grecia Antiga abrangue a cultura teatral que floreceu na Grecia Antiga a partir do 600 a. C. No seu centro estaba a cidade estado de Atenas, que se convertera nunha poderosa potencia cultural, política e militar nesa época.
O propio teatro foi institucionalizado como parte dun festival chamado Dionisias (o deus Dioniso era homenaxeado nese festival). A traxedia (tragōida, a finais do 500 a. C.), a comedia (490 a. C.) e o teatro satírico (creado por Semónides de Amorgos e Arquíloco e seguido por Aristófanes, Bión e Luciano de Samosata entre outros) foron os tres xéneros de drama creados nesa época. Atenas exportou o festival ás súas numerosas colonias.
Máscaras miniatura| Máscara tráxico-cómica, no mosaico da Vila Adriana.|esquerda|200x200px O termo grego antigo para máscara ou careta é prosopon (literalmente, "cara"), e foi un elemento significativo no culto a Dioniso, probabelmente usado en rituais e celebracións atenienses. A maioría dos restos proceden dalgunhas pinturas raras sobre vasillas de cerámica grega do século V a. C., como a máscara do deus pendurada dunha árbore; e, así mesmo, o barco Pronomos, no que se mostra aos actores preparándose para unha obra satírica. Desde entón non nos chegaron vestixios nin restos útiles, porque as máscaras eran de material orgánico e non estaban feitas para durar: ao final, quedaban no altar de Dinisio como agasallo, despois das obras de teatro. Porén, sabemos que as máscaras se utilizaron desde a época de Esquilo e adoitan considerarse unha convención emblemática do teatro grego clásico.
Pola súa banda, tamén se fixeron máscaras para os integrantes do coro, que tamén facían parte da acción e comentaban os feitos. Aínda que adoitaban ser doce ou quince membros no coro da traxedia, as máscaras que levan todos son as mesmas, porque se considera que interpretan o mesmo personaxe.miniatura| Teatro Grego de Siracusa, Sicilia.|centro Notas
Vexase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Antigüidade clásica Arte clásica Comedia grega antiga Eurípides Filosofía grega Literatura grega Mitoloxía grega Traxedia grega Teatro romano
Ligazóns externas
Historia e artigos do teatro grego antigo (en inglés) Lección de teatro 1: O teatro grego antigo (arquivado) Teatro Grego Antigo (arquivado) Arquivo do Teatro Antigo, arquitectura do teatro grego e romano – Dr. Thomas G. Hines, Departamento de Teatro, Whitman College Glosario do teatro grego e romano (en inglés) Teatro Grego Ilustrado - Dr. Janice Siegel, Departamento de Clásicos, Hampden–Sydney College, Virxinia Base de datos de monólogos para actores do teatro grego antigo Logeion: A Journal of Ancient Theatre ; publica artigos académicos orixinais, incluíndo a súa recepción no teatro moderno, a literatura, o cine e outras formas de arte e medios de comunicación.
Categoría:Traxedia Categoría:Comedia