A Agrupación Cultural Francisco Lanza é unha asociación cultural creada en Ribadeo no 1971 co fin de traballar pola lingua e a cultura galegas. Naceu a partir da celebración, o 25 de xullo de 1969, da primeira feira do libro galego en Ribadeo. Leva o nome do xornalista galego Francisco Lanza.
Actividades Dentro da súa actividade, a máis da continuación primeiro, e colaboración despois, coa feira do libro, está a edición anual de Cadernos Ribadenses, as Xornadas de Historia Local ou diversas exposicións, como a mantida en outono de 2024 Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego.
Asemade, tren organizado numerosas charlas/debate, presentacións de libros, recitais poéticos, os paseos da Paco Lanza, as Palabras no balcón, algunha viaxe cultural (como foi a visita ás exposición do “pergamiño Vindel” ou a referida ao cadro de Castelao A derradeira lección do mestre exposto na Cidade da Cultura de Galicia), promoción do libro galego cando o Día das Letras Galegas, algún concerto musical convidando a grupos novos, actividades para pícaros e pícaras, edición anual dun almanaque en galego etc.
Tamén mantén, dende o ano 2022, clases de galego e portugués como vector de difusión da lingua e cultura galegas, a máis de numerosas outras actividades, realizadas a razón de máis de dúas por mes. alt=Charla de Mohamed Safa (na foto, con Farruco Graña, falando) promovida pola A.C. Francisco Lanza|miniatura|Charla de Mohamed Safa (na foto, con Farruco Graña, falando) promovida pola A.C. Francisco Lanza (Casa do Mar, Ribadeo 2026)
Presidentes da asociación 1971 - 1973: Manuel Moreda Pérez 1973 - 1978: Xosé Yáñez Basanta 1978 - 2002: Eduardo Gutiérrez 2002 - 2006: Teresa Díaz Estévez 2006 - 2008. Xavier Campos López 2008 - 2022: Dores Fernández Abel Desde 2022: Farruco Graña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Francisco Lanza
Francisco Lanza Categoría:Ribadeo