Lady Macbeth do distrito de Mtsensk, en , trans. Ledi Makbet Mtsenskogo Uyezda) é unha ópera en catro actos do compositor ruso Dmitri Shostakovitch, estreada en 1934.
Argumento O libreto de Alexandre Preis está inspirado na novela curta do mesmo nome publicada en 1865 por Nikolai Leskov. Ambientada na Rusia do século XIX, conta a historia dunha muller casada e presionada polo seu sogro por non ter fillos, Katerina Lvovna Izmaylova, que se namora doutro home e acaba cometendo asasinatos. O guión é escuro, con moita violencia e sexo; o New York Sun cualificouna de "pornofonía".Moynahan, Brian (2013). "Leningrad: Siege and Symphony." Nova York: Atlantic Monthly Press.
O título fai referencia a Lady Macbeth, a antiheroína da traxedia shakespeariana Macbeth (1606); porén, intepretacións posteriores buscaron empatizar, a pesar dos seus crimes, cunha Katerina "vítima do patriarcado".
Historia miniatura|300x300px|Artigo do Pravda "СУМБУР ВМЕСТО МУЗЫКИ" ("CAOS" ou "RUÍDO EN LUGAR DE MÚSICA"). Estreouse en 1934 no Teatro Mikhaylovsky de San Petersburgo (daquela Leningrado), con enorme éxito de público e crítica. Nos anos seguintes representouse en escenarios de todo o mundo. A ópera, con todo, fíxose aínda máis famosa debido á intervención das autoridades soviéticas: en 1936, funcionarios do goberno comunista, incluído Josef Stalin, asistiron a unha representación no Teatro Bolshoi. Na edición do 28 de xaneiro do xornal Pravda, publicouse unha crítica severa que cualificaba a ópera de cacofonía e "ruído en lugar de música", e que entre outras cousas o autor carecía de conciencia de clase, "ignoraba as exixencias da cultura soviética" e preocupábase pouco polo seu público.
Ante esta acusación, Shostakóvitch comezou a temer pola súa liberdade artística e en 1937 escribiu a súa Quinta Sinfonía nun ton moito máis convencional, seguindo os parámetros do realismo socialista, aclamada pola crítica soviética. Foi descrita polo propio autor como "a resposta dun artista soviético á xusta crítica".
Esta foi a última ópera de Shostakovich. Na década de 1960 compuxo unha nova versión, eliminando as partes máis controvertidas. Actualmente, con todo, a composición orixinal é a máis interpretada.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bruce Scott. Opera Vs. Politics: Shostakovich's Lady Macbeth. National Public Radio.
Outros artigos Dmitrii Shostakovich Literatura rusa Nikolai Leskov
Ligazóns externas Shostakovich 'Lady Macbeth of Mtsensk' Condutor Teodor Currentzis, director Henryk Baranowski, representación da Ópera Estatal de Novosibirsk en 2016 (youtube.com)
Categoría:Óperas estreadas en San Petersburgo Categoría:Óperas en ruso Categoría:Óperas do século XX