Sanditon é unha serie de televisión británica adaptada por Andrew Davies a partir da obra inconclusa Sanditon de Jane Austen. Está protagonizada por Rose Williams, Crystal Clarke, Theo James e Ben Lloyd-Hughes. Ambientada durante a Rexencia británica, a trama segue a unha rapaza nova e inxenua mentres navega polo novo balneario de Sanditon. Por mor da natureza inconclusa da obra, o material orixinal só serviu de base para o primeiro episodio, e despois Davies desenvolveu os personaxes para completar a historia. A novela está ambientada nunha cidade costeira durante unha época de cambio social. No momento da súa morte en 1817, Austen tiña completado 24.000 palabras da novela, o que supón once capítulos xunto cunha parte dun duodécimo.

Personaxes Rose Williams como Charlotte Heywood Kate Ashfield como Mary Parker Crystal Clarke como Georgiana Lambe Turlough Convery como Arthur Parker Jack Fox como Sir Edward Denham Kris Marshall como Tom Parker Anne Reid como Lady Denham Lily Sacofsky como Clara Brereton (tempadas 1-2) Charlotte Spencer como Esther

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2023 Categoría:Series de televisión do Reino Unido