A lingua naskapi (tamén coñecida como ᐃᔨᒧᐅᓐ/Iyuw Iyimuun) é unha lingua algonquina falada polo pobo naskapi no Quebec e Labrador, no Canadá.Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. A súa forma escrita é o silabario cree. O termo naskapi utilízase principalmente para referirse á lingua das persoas que viven no interior do Quebec e Labrador ou arredor de Kawawachikamach, Quebec. O naskapi é un continuo dialectal que ten moitas características lingüísticas en común co dialecto setentrional do cree oriental, e tamén comparte moitos elementos léxicos coa lingua innu-aimun. Segundo datos do censo de 2016 tiña 1.230 falantes. O naskapi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Aínda que hai unha relación lingüística e cultural moito máis estreita entre o naskapi e o innu que entre o naskapi e outras comunidades lingüísticas cree, o naskapi segue sendo único e distinto de todas as outras variedades lingüísticas da península do Quebec-Labrador.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Naskapi Lexicon Languagegeek: Naskapi Naskapi Language OLAC resources in and about the Naskapi language

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas amerindias do Canadá