A lingua maliseet-passamaquoddy é unha lingua algonquina falada polos pobos wolastoqey e passamaquoddy ao longo da fronteira entre Maine, nos Estados Unidos e Novo Brunswick, no Canadá. A lingua conta con dous dialectos principais: o maliseet, que se fala no val do río Saint John en Novo Brunswick; e o passamaquoddy, falado no val do St. Croix no leste de Maine. Porén, os dous dialectos difiren só lixeiramente, principalmente na súa fonoloxía. Estes pobos indíxenas falaban amplamente maliseet-passamaquoddy nestas áreas ata que na época posterior á segunda guerra mundial, os cambios no sistema educativo e o aumento do matrimonio fóra da comunidade falante provocaron unha gran diminución no número de nenos que aprenderon ou usan habitualmente a lingua.Leavitt, Robert M. Passamaquoddy-Maliseet. 1996. Newcastle: Lincom Europa. Como resultado, hoxe en día, tanto no Canadá coma nos Estados Unidos, só hai 600 falantes de ambos os dialectos, e a maioría dos falantes son adultos maiores. Aínda que a maioría da xente máis nova non pode falar a lingua (especialmente o dialecto passamaquoddy), hai un interese crecente por ensinar a lingua nas clases comunitarias e nalgunhas escolas. O maliseet-passamaquoddy está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Passamaquoddy-Maliseet Language en Native Languages Passamaquoddy-Maliseet Dictionary from the Mi'kmaq-Maliseet Institute, University of New Brunswick (includes sound files with the pronunciation of the entry words, videos of native speakers' conversations including the entry words, and detailed grammatical charts) Chamberlin, Montague (1899). Maliseet Vocabulary. (Cambridge, MA: Harvard Cooperative Society).
OLAC resources in and about the Maliseet-Passamaquoddy language ELAR archive of Passamaquoddy-Maliseet Pronouncing Passamaquoddy-Maliseet
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas amerindias do Canadá