Alejandro Armesto Buz, nado en Santiago de Compostela en 1926 e finado na mesma vila o 22 de febreiro de 2015, foi un xornalista galego.
Traxectoria Comezou a súa carreira profesional nos diarios El Progreso de Lugo e o Faro de Vigo. Defensor do réxime franquista, desempeñou o posto de conselleiro de información na embaixada de Roma.Sánchez Rada, Juan (1996). Prensa, del movimiento al socialismo: 60 años de dirigismo informático. Fragua, páx. 75. Entre 1969 e 1976 foi director-xerente da Axencia EFE.Olmos, Víctor (1997). Historia de la Agencia EFE: El Mundo en español. Espasa-Calpe, páx. 321.Soon Jin Kim (1989). EFE. Spain's World News Agency. Greenwood Press, páx. 120.Pizarroso Quintero, Alejandro (2001). Periodismo y periodistas. De las gazetas a la red. España Nuevo Milenio, páx. 94. Nesa súa etapa un dos seus principais logros foi a creación da Agencia Centro-Americana de Noticias (ACAN-EFE), con sede en Panamá.Barrera del Barrio, Carlos (1995). Periodismo y Franquismo. De la censura a la apertura. Ediciones Internacionales Universitarias, páx. 152. Posteriormente foi nomeado director do diario Arriba, sendo o último director do xornal antes da súa desaparición en 1979.Greciet, Esteban (1998). Censura tras la censura: crónica personal de la transición periodística. Fragua, páx. 73.Alférez, Antonio (1986). Cuarto poder en España: La prensa desde la Ley Fraga 1966. Plaza & Janés, páx. 143.
En 1960 acadou ex aequo o Premio López-Cuevillas de novela curta dentro do Certame Literario do Miño coa obra Tiempo de morir, publicada en 1962 por Edicións Celta. Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes