miniatura|Gráfica de Hanes de a/v fronte a a para a cinética de Michaelis–Menten. En bioquímica, unha gráfica de Hanes–Woolf, representación de Hanes–Woolf, gráfica de Hanes, ou gráfica de fronte a é unha representación gráfica da cinética encimática na cal a proporción da concentración de substrato inicial respecto da velocidade de reacción se representa fronte a . Está baseada na transformación da ecuación de Michaelis–Menten que se mostra abaixo:
onde é a constante de Michaelis e é a velocidade limitante.O termo velocidade máxima úsase a miúdo, pero a IUBMB non o recomenda; ver
J. B. S. Haldane sinalou, reiterando o que el e K. G. Stern escribiran no seu libro, que esta transformación da ecuación fora debida a Barnet Woolf. Porén, tratábase simplemente dunha das tres transformacións presentadas por Woolf. Foi publicada en primeiro lugar por C. S. Hanes, aínda que el non a utilizou como gráfica. Hanes indicou que o uso da regresión lineal para determinar os parámetros cinéticos deste tipo de transformación lineal xera o mellor axuste entre os valores observados e os calculados de , en vez de de .
Empezando coa ecuación de Michaelis–Menten:
podemos tomar os recíprocos de ambos os membros da ecuación para obtermos a ecuación usada para representar a gráfica de Lineweaver–Burk:
que pode ser multiplicada en ambos os membros por para dar
Así, en ausencia de datos do erro experimental unha gráfica de fronte a dá lugar a unha liña recta de pendente , un punto de corte nas ordenadas en e outro nas abscisas en .
Igual que outras técnicas que transforman nunha liña a ecuación de Michaelis–Menten, a representación de Hanes–Woolf tense utilizado historicamente para a determinación rápida dos parámetros cinéticos , e , pero foi en gran medida superada polos métodos de regresión non-lineal que son significativamente máis exactos e actualmente xa non son inaccesibles computacionalmente. Con todo, segue sendo útil como medio de representar os datos graficamente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cinética de Michaelis–Menten Gráfica de Lineweaver–Burk Gráfica de Eadie–Hofstee Gráfica lineal directa
Categoría:Diagramas Categoría:Cinética encimática