Os Riihimäen Cocks son un equipo de balonmán da cidade de Riihimäki, Finlandia. O club foi fundado en 1973 e compite na máxima categoría do balonmán finlandés, a Aktialiiga. Na tempada 2018-19 converteuse no pimeiro equipo finlandés en disputar a Liga de Campións da EHF. Xoga os seus partidos como local no Cocks Areena, un pavillón con capacidade para 2 500 persoas.

Dende a súa fundación o equipo gañou o campionato finlandés en 11 ocasións, ademais de gañar a copa noutras 10 e a Baltic League en catro, o que o converte no segundo equipo máis laureado de Finlandia por detrás do BK-46 de Karis.

Historia Na tempada 2017-18 os Cocks conseguiron o seu sexto campionato finlandés consecutivo, e décimo en total, o que lle valeu a súa clasificación para disputar a Liga de Campións da EHF na tempada 2018-19, converténdose no pimeiro equipo finlandés en disputar a máxima competición do balonmán europeo. O equipo foi confirmado como un dos 28 participantes durante a reunión que a Federación Europea de Balonmán (coñecida como EHF polas súas siglas en inglés) celebrou en Glasgow (Escocia)

Pavillón miniatura|250px|Os Riihimäen Cocks xogan os seus partidos como locais no Cocks Areena. No outono de 2019 os Cocks abandonaron o que fora ata aquel momento o seu estadio, o Riihimäen urheilutalo. O recinto, de 900 m², e situado no Riihimäen urheilupuisto, non cumpría coas medidas necesarias para disputar partidos internacionais.

A nova casa do equipo, o Cocks Areena, inaugurouse en agoto de 2019. O novo estadio, coas cores vermella e amarela do club de Riihimäki, cumpre con todos os requisitos internacionais e conta con capacidade para 2 500 persoas. Ademais da práctica do balonmán prevéronse outros posibles usos para facer máis rendible a instalación, como concertos ou feiras. O estadio conta, ademais de coa sala principal, con pistas de adestramento, ximnasio, e pistas de pádel.

Personalidades Xogadores Números retirados Os primeiros números retirados do equipo de Riihimäki foron o 10 de Markku Tuomen e o 14 de Pekka Lehtinen, aos que seguiu o 31 de agosto de 2013 o 13 de Jarmo Lepola antes do partido do 40º aniversario que o club disputou fronte o BK-46 de Karis. En total os Cocks teñen retirado catro números ao longo da súa historia:

Números retirados dos Cocks Nº Nome Período Referencia4Antti Valo 10Markku "Pilkku" Tuomen 13Jallu Lepola 14Pekka "Puili" Lehtinen

Adestradores O primeiro adestrador do equipo masculino dos Cocks foi Yrjö Sipilä, que ocupou o cargo durante as primeiras tres tempadas do equipo, ente 1973 e 1976, e que posteriormente viviu unha segunda etapa no cargo entre 1978 e 1980. Dende 2023 o serbio Bojan Zupanjac dirixe o equipo.

Adestradores dos Cocks Nome Período Yrjö Sipilä 1973-1976 Kaj Åström 1976-1978 Yrjö Sipilä 1978-1980 Pekka Lappalainen 1980-1983 Vesa Pohjola 1983-1986 Kim Westerholm 1986-1990 Janne Boström 1990-1991 Mekhane Ablelazizk 1991-1992 Janne Boström 1992-1993 Petteri Kiviaho 1993-1995 Kimmo Lähteenmäki 1995-1997 Alku Mati Piilpärk 1997 Jarkko Salo 1997-2000 Kimmo Lähteenmäki 1999-2001 Jan Rönnberg 2001 2003 Pekka Peper 2003-2004 Markku Tuomi 2004-2006 Raivo Laast 2006-2011 Toni Kallio 2011-2012 Kaj Kekki 2012-2016 Gintaras Savukynas 2016-2020 Kaj Kekki 2020 (primavera) Boris Dvorsek 2020 (outono) Kaj Kekki 2021 Lasse Boesen 2022 (primavera) Christophe Viennet 2022-2023 Bojan Zupanjac 2023-

Presidentes Ao longo da súa historia os Cocks tiveron dez presidentes distintos. Tan só dúas persoas ocuparon a presidencia en dous períodos distintos: Pekka Lappalainen (entre 1990 e 1996, e ente 2010 e 2011) e Jari Viita (entre 2005 e 2010, e dende 2011).

Presidentes dos Cocks Nome Período Juhani Maukonen 1973-1974 Juhani Saarinen 1974-1978 Jukka R. Heino 1978-1981 Yrjö Sipilä 1981-1985 Martti Pohjola 1985-1986 Pekka Lehtinen 1986-1990 Pekka Lappalainen 1990-1996 Aki Pöyry 1996-2001 Petri Poussu 2001-2005 Jari Viita 2005-2010 Pekka Lappalainen 2010-2011 Jari Viita 2011-

Palmarés SM-liiga Campión (13): 2007, 2008, 2009, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2025 Prata (6): 1978, 1979, 2005, 2011, 2023, 2024 Bronce (5): 1998, 2000, 2006, 2012, 2022

Suomen Cup Campión (10): 2007, 2008, 2010, 2011, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2023

Baltic League Campión (4): 2016, 2017, 2018, 2019 Subcampión (3): 2010, 2013, 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de balonmán de Finlandia Categoría:Deporte en Riihimäki