Andrzej Wiśniewski, nado en Poznan o 4 de febreiro de 1958, é un filósofo polaco especializado en lóxica e erotética, experto no estudo das expresións nas que se manifestan preguntas, expresións interrogativas ou erotemas. Wiśniewski foi un investigador da Universidade de California, da Real Academia Flamenga de Ciencias e Artes de Bélxica, o Instituto Holandés de Estudos Avanzados en Humanidades e Ciencias Sociais en Wassenaar e na Universidade de Cambridge.

Foi homenaxeado polo seu traballo filosófico co premio outorgado polo ministro de Educación Nacional, o premio do Ministerio de Ciencia e Educación Superior, a Cruz de Ouro ao Mérito e a Cruz de Cabaleiro da Orde de Polonia Restituta. Foi así mesmo laureado co título de Mestre (Mistrz) da Fundación para a Ciencia Polaca e "Maestro" (Mro.) do Centro Nacional de Ciencias

Traxectoria Naceu en 1958 en Poznan, onde pasou toda a súa vida profesional e privada. Despois de graduarse nos centros de ensino primario e secundario e obter o título de graduado en 1977, comezou a estudar Filosofía na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Adam Mickiewicz, da que se graduou en 1981 cun máster baseado na tese titulada Relacións entre problemas filosóficos e teorías lóxicas das preguntas, supervisado polo profresor Jan Tal. Inmediatamente despois de graduarse, comezou a traballar na súa alma mater, converténdose en asistente do Departamento de Filosofía da Universidade Adam Mickiewicz. En 1986 obtén o título académico de Doutor en Humanidades no campo da filosofía a partir da tese Xeración de preguntas a través de conxuntos de frases, que foi redactada baixo a dirección do profresor Tadeusz Kubiński. A nova titulación académica supuxo un ascenso profesional na Universidade e en 1987 recibiu o posto de profesor axudante. En 1991, o Consello da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Adam Mickiewicz outorgoulle o título académico de doutor habilitado en humanidades no campo da filosofía, na especialidade de lóxica, tras superar con éxito o coloquio de habilitación e presentar a tese titulada Facer preguntas: lóxica e racionalidade. En 1993, asumiu o cargo de profesor asociado no Instituto de Filosofía da Universidade Adam Mickiewicz.

É autor de cinco monografías, a última das cales é Questions, Inferences, and Scenarios (College Publications, Londres, 2013) e duns 50 artigos de investigación.

Wiśniewski é un filósofo citado en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:

Notas

Categoría:Filósofos de Polonia Categoría:Nados en 1958 Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en Poznan