José Saavedra García, nado en Bealo (Boiro), foi un mineiro e sindicalista galego.

Traxectoria Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e de acordo coas instrucións do Goberno, o gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo, responsable de organizar a defensa da República na provincia, promoveu a formación dos comités de defensa nos concellos, constituídos principalmente nas casas consistoriais e integrados polos responsables políticos e sindicais de máis relevancia. Deste xeito, Severino Iglesias Siso, alcalde de Noia por Izquierda Republicana e delegado gobernamental do partido xudicial, ordenou crear o comité de defensa de Boiro, composto por membros da comisión xestora, nomeada o 10 de marzo, e polos líderes dos partidos da esquerda e das organizacións sindicais, entre outros colaboradores. José Saavedra foi integrante do comité de defensa como membro do sindicato mineiro de Lousame, pertencente á CNT, contando coa participación de moitos afiliados traballadores das minas de San Fins, tanto do propio concello como da contorna, armados e provistos de explosivos, declarándose polas autoridades unha folga xeral.

José Martínez Virel, alcalde en funcións por Izquierda Republicana, máximo responsable do comité de defensa de Boiro, encomendoulle ós distintos líderes sindicais a vixilancia das parroquias, asignándolle as de Cespón e Bealo a José Saavedra e ós mineiros veciños desas parroquias. Participou nos rexistros da casa reitoral de Abanqueiro (Boiro) e liderou a partida responsable da voadura da ponte do río Beluso, para dificultar a chegada do exercito sublevado. miniatura|Voadura da ponte do río Beluso (1936).

José Saavedra foi un dos fuxidos que se botou ó monte trala toma do exercito o día 27 de xullo de 1936 de Boiro. Foi xulgado en Santiago de Compostela por rebelión.

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Boiro Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido