O 11 de xuño de 2017 celebrouse un referendo sobre o status político de Porto Rico. O referendo tiña tres opcións: converterse nun novo estado dos Estados Unidos, a independencia/libre asociación, ou manter o mesmo status político. O 97% dos votantes elixiu a condición de estado dos Estados Unidos. Esta cifra atribúese a un boicot liderado polo partido pro-status quo PPD, que motivou unha baixa cifra de participación, do 22,93%.

Con anterioridade, celebráronse catro referendos para decidir o status político da illa, sendo o inmediatamente anterior o celebrado en 2012. Porto Rico é un territorio non incorporado dos Estados Unidos dende a conclusión da guerra hispano-estadounidense en 1898, e aos seus residentes foilles concedida a cidadanía estadounidense en 1917.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Referendo de independencia Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2012 Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2020 Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2024

Categoría:Historia de Porto Rico Porto Rico