Silver Apples foi un dúo musical neoiorquino pioneiro da música electrónica e de psicodelia composto polo cantante Simeon Oliver Coxe III e o batería Danny Taylor. O grupo estivo activo en dúas etapas non continuas. Fundouse en 1967 no East Village e disolveuse en 1969, para regresar entre 1996 e 1999. Taylor faleceu en 2005 tras o cal Simeon continuou actuando en solitario ata o seu pasamento en 2020. A banda foi citada como referencia para artistas como Portishead, Suicide ou The Horrors.
Traxectoria Con 21 anos, Simeon Coxe III mudouse de Nova Orleáns ata Nova York para traballar como artista plástico. Tras contactos co mundo da arte, como o pintor Franz Kline ou Willem De Kooning tamén comezou a facer música, e pasou a formar parte do grupo de rock The Overland Stage Electric Band, como vocalista, do que xa era integrante Danny Taylor. Cando propuxo engadir un audio-oscilador de 1940 como instrumento musical, os membros restantes da banda negáronse a continuar co proxecto, e só el e o batería Danny Taylor quedaron da formación orixinal. Este foi o dúo que se rebautizou como Silver Apples.
O equipo instrumental base do grupo aumentou a nove osciladores e un kit de batería con trece tambores e cinco pratos. Apilados uns encima dos outros, Simeon tocounos simultaneamente cun sistema de teclas e pedais de deseño propio. En 1968 gravan o seu primeiro disco, homónimo. Comezaron a organizar concertos ao vivo con cancións construídas sobre discordancias inesperadas, os sons obsesivos dos osciladores sobre melodías usadas no rock psicodélico e unha percusión vigorosa. En 1969 publicaron o seu segundo disco, Contact, a portada mostrábaos na cabina dun avión Pan Am; a contraportada, sentados entre o que parecían os restos dun desastre aéreo. A compañía aérea demandou o grupo e cando o seu selo discográfico foi absorbido por MCA dixéronlles que xa non se contaba con eles, e o seu terceiro disco quedou sen publicar.
En 1998 a discográfica alemá Enraptured Records publicou un disco con temas do dúo, Beacon. Tras a boa recepción polo público europeo seguiron con outro álbum Decatur, e o álbum que quedou inconcluso no sesenta, The Garden, o cal Danny Taylor mantivo en caixas no seu ático ata o seu lanzamento en 1998.
Discografía miniatura|Simeon Oliver Coxe III xa en solitario en 2008. Silver Apples (1968). Cualificado pola prensa especializada como retro-futurista con polirritmos "motorik", mesturaban electrónica que se popularizaría anos máis tarde en bandas como Kraftwerk con melodías propias do rock psicodélico. Contact (1969). Asociado ao pre-kraut e ao proto-punk, con innovacións inusuais naquel entón como o uso do sampler por medio de gravacións de radio. Beacon (1998) Beacon - Remixed (1998) The Garden (1998) Decatur (1998) Clinging To a Dream(2016)
Notas
Ligazóns externas A canción Lovefingers de 1968, en youtube
Categoría:Música electrónica Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 1967 Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de protopunk